Juan Manuel Vidal Seage, elixido presidente do PP de Pontecesures por aclamación.
No V Congreso local celebrado este sábado, acompañado do presidente do PP Pontevedra Alfonso Rueda, o secretario de organización do Partido Popular de Galicia Alberto Pazos, A presidenta do Congreso Ana Pastor Julián e moitos outros representantes da familia popular.
No V Congreso local celebrado este sábado, acompañado do presidente do PP Pontevedra Alfonso Rueda, o secretario de organización do Partido Popular de Galicia Alberto Pazos, A presidenta do Congreso Ana Pastor Julián e moitos outros representantes da familia popular.
Juan Manuel Vidal Seage recordou os seus comezos no POPULARES DE PONTECESURES en 2011, nunhas eleccións ás que se presentaron 7 candidaturas, das que 4 eran escisións do PP: «Hoxe coa perspectiva que dá o tempo gobernamos en perfecta sintonía 3 daquelas 4 forzas, e ese é o camiño, aglutinar as forzas de centro dereita e traballar todos unidos, porque na unidade está a nosa fortaleza».
Alberto Pazos asegurou que vai haber un antes e un despois do congreso do PP local, do que Vidal Seage é «lider indiscutible», xa que foi «capaz de aglutinar un equipo sólido en torno a unhas mesmas ideas».
O presidente provincial Alfonso Rueda pediulle ao recén elixido presidente local que lle ofreza aos veciños de Pontecesures o mellor para conseguir os mesmos resultados nas próximas eleccións municipais que se conseguiron en autonómicas onde o PP obtivo un 54% dos votos: «Cando o PP colle os gobernos faino ben, de aí o empeño en non deixar gobernar. O Goberno local de Pontecesures está consolidado e estano a facer moi ben, ese é o camiño para obter os mellores resultados».
A presidenta do Congreso Ana Pastor tamén respaldou a Juan Manuel Vidal Seage, así como a deputada Pilar Rojo, o alcalde de Valga J. Mª Bello Maneiro e moitos outros representantes da familia popular.
PP de Pontevedra
0 comentarios