O alcalde de Pontecesures fala de oposición bipolar.

Publicado por Redacción en

OPOSICI?N BIPOLAR?.Imos ver..
Os que mobilizan a iconoclastas chegados dos catro puntos cardinais para atiborrar o atrio da igrexa de Pontecesures son os mesmos que critican que o Concello non traía gaiteiros para os actos relixiosos?(ollo? que os foguetes si os paga o Concello? pero xa se disparan dende a Plazuela.. non vaia a ser que a liemos co Concordato?)
Sigo.
Os que argumentan que a Festa do Churro, que enche ás rúas do pobo, é un delirio do alcalde e non repercute para nada na economía de Pontecesures son os mesmos que din que o feito de levar o mercadillo municipal para a zona da Plaza da Abastos vai a ser case unha praga bíblica para o pobo e vai acabar coa hostelería por telo trasladado dende as rúas centrais do pobo ?
Sigo.
Os que de figos a brevas participan nos actos relixiosos que ó longo do ano se suceden na parroquia, son os mesmos que ignorando que dende o Concello o único que se lle dá traslado é ás invitacións que fai o párroco respectando datas e horarios indicados por éste, quéixanse de ter ignorado o cambio de horario que o párroco tiña anunciado días antes?pois si que resulta curioso.
Sigo.
Os que teñen que suspender as ludotecas de nadal cando gobernan por falta de asistencia de nenos ( iso si? cobrando 30 ? por dez días) , son os mesmos que critican que non se teñan feito ludotecas neste nadal? pero nada que obxectar cando hai campamento por 25? por quenda ..
Sigo.
Os que critican que haxa un tramo de alumeado público dunha rúa pendente de reparar durante 5 días ( algún de eles festivos?) son os mesmos que poden ter á entrada do pobo unha estrutura do alumeado de nadal dende Xaneiro ata o San Lázaro sen ser retirado?
E así, neste absurdo ó que nos teñen xa acostumados os portavoces da oposición, é como veñen afirmando coa mesma elocuencia unha cousa?.e ó pouco a contraria.
E antes de que algún deles veña a tildar o comezo da miña cita como unha insinuación a alguna desafortunada enfermidade mental, contarvos que ven a conto dun libro de Roberto Espósito, Categorías de lo impolítico, que fala de este fenómeno que vos acabo de contar, recomendo que o lean.

Juan Manuel Vidal Seage


3 comentarios

antonio ferro trasande · 10-01-2018 a las 00:04

Sr alcalde non se acordou vostede en todos os comentarios que fixo de falar da fantástica decoración do coche de pedra gostoulle a vostede?. En canto o mercado non podo crer que teña a cara de falar do cambio e una vergoña donde nos ten nunha lameira, vostede o que quere e acabar con el .cando se puxo en marcha había creo recordar 37 licencias concedidas,o primer día montaron 28 postos co paso do tempo o mercado estaba maís ou menos consolidado e acudían unha media de 12 ou hasta 15 postos e ahí aparece o seu Concellal de mercados cas sus ideas para potenciar o mercado do pobo sen ter nin idea de nada do sector e pasando da opinión unánime dos vendedores recordolle a reunión no concello con vostede presente e votación a man alzada de todos os vendedores co resultado de que nadie quería cambiar pero vostede e mais o seu Concellall seguiron co plan de potenciar o mercado, resultado, quedan 4 o 5 postos no mercado.teña a dignidade de vir un día o mercado e preguntar como nos vai.Vostede tamen e o meu alcalde.Sobre as outras importantes cuestions do seu escrito como os horarios da misa OS coros as bombas de palenque e invitación do cura non entro a valoralo

Palitroque · 11-01-2018 a las 12:39

Apoyo totalmente lo que dice el sr. Ferro, actualmente jefe de la oposición (porque los demás no están ni se les espera). Eso sí, creo que no hace falta darle tanto bombo a lo del «Coche de pedra» porque eso tiene fácil solución y es reversible. Ahora bien: los árboles cortados en la nacional no volverán a crecer, los puestos que se han ido no volverán, el «mercadiño» no volverá a ser el que era, la reputación de nuestro pueblo tampoco… Lo único que volverán serán las oscuras golondrinas, señor alcalde.

    antonio ferro trasande · 11-01-2018 a las 23:30

    Gracias polo apoio. O do coche de pedra dixeno porque me pareceu moi mal o que se fixo con el, unha falta de respeto hacia o monumento e unha falta de gusto total sobre algo moi importante desde pobo. Sobre o mercado dixemoslle o alcalde e Concellal que o cambio para a lameira de valga seria unha sentencia de morte… tempo o tempo, eles opinaban que se ia potenciar, que miren e me digan desde o cambio cantas licencias de venta novas deron e cantas se deron de baixa. Sr alcalde se non se quere o mercado danse de baixa as licencias e punto pero non pretenda deixarnos morrer de asco, xogando co pan das nosas familias mentras vostedes cobran os seus soldos tranquilamente. O do corte das arbóres foi unha salvaxada, no vran veremolo mellor.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.