O ruidoso tráfico.
JOSÉ CASTRO CAJARAVILLE
O TRÁFICO de grandes camións pola estrada nacional N-550, ao seu paso polo centro urbano de Padrón, segue atronando o espazo pola zona, a pesar de que existe unha vía de circuvalación. Pero a maioría dos condutores seguen circulando pola N-550, é dicir, por unha vila histórica que cambia o seu habitualmente tranquilo e pacífico ambiente padronés nun tremendo ruido dos camións de gran tonelaxe e cinco eixes que a cada momento por aquí circulan. E iso a pesares daquela extinta, ou a lo menos que por aquí deixou de aplicarse, Lei do Silencio.
E en tanto, seguen a transcorrer os anos e, aparte deste problema, Padrón segue esperando, -aínda que os padroneses xa perden a paciencia- a que Fomento atenda as demandas polas obras de ampliación do tramo da reiterada estrada nacional coa veciña provincia de Pontevedra, en Pontecesures. O executivo padronés que saíu reelixido nos últimos comicios debe ter primacía con estes problemas para unha pronta e definitiva solución.
El Correo Gallego
0 comentarios