Axudas en Pontecesures para fomentar a igualdade.
A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 29.323 euros a seis concellos da comarca de Ulla-Umia coa finalidade de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero.
En concreto, serán os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.
Caldas contará con 6.000 euros, que destinará á realización de varias accións de prevención e sensibilización, como teatro ou campañas de publicidade. Para Moraña foron aprobados 3.924 €, cos que o concello realizará o proxecto A árbore da igualdade. Igualdade e novas tecnoloxías.
No que respecta a Pontecesures, a vila desenvolverá un programa de emprendemento e inserción laboral para mulleres cos 4.454 euros que lle achegará a Deputación. Para Portas o ente provincial aprobou 4.026 €, que irán destinados a avaliar o seu primeiro plan de igualdade e realizar o segundo.
Valga, pola súa parte, levará a cabo un proxecto de empoderamento de mulleres con sesións semanais grupais que inclúen traballo ca comunidade educativa grazas a unha achega de 5.605 euros.
El Correo Gallego
0 comentarios