O BNG de Padrón urxe activar o consello escolar.
O BNG de Padrón, a través da concelleira Bea Rei, presentou unha moción para que o Concello poña en marcha, canto antes, o Consello Escolar Municipal. Os nacionalistas lembran que é o órgano competente para traballar desde o Concello na elaboración e cumprimento de protocolos para o transporte escolar, funcionamento de comedores e servizo de limpeza dos centros, tal como establece a Lei de Consellos Escolares de Galiza.
A concelleira, Bea Rei, explica na moción presentada, que a actual situación na que se atopan os centros escolares e o alumnado a causa da covid-19 fai imprescindible coordinar e planificar medidas que reforcen as garantías de seguridade e igualdade de oportunidades na veciñanza de Padrón, “mais se temos en conta que a Xunta de Galicia delegou sobre os centros educativos as responsabilidades sobre as garantías hixiénico- sanitarias fronte á covid-19”.
A urxencia na posta en funcionamento do consello escolar está motivada pola gran dificultade que conleva o inicio de curso para familias e centros, dí o BNG.
El Correo Gallego
Bea Rei con outros candidatos do BNG de Padrón.
0 comentarios