A potencialidade agrícola do compost natural comeza a dar froitos en Valga.
Un estudo promovido polo Concello e a Misión Biolóxica de Galicia busca poñer en valor o compost urbano.
O obxectivo é avanzar cara un sistema produtivo máis sostible e con menor impacto no medio ambiente, demostrando que o compost natural non ten repercusións negativas sobre os cultivos e o solo, de maneira que poda chegar a comercializarse e a empregarse en plantacións agrícolas de forma regular.
Para realizar o estudo elixíronse catro cultivos por ser representativos da horticultura da zona. Nestas semanas, cunha periodicidade semanal, estase a recoller a colleita de tomates, buscando analizar o número de pezas, o seu peso, aspecto e valor comercial, así como a aparición de froitos enfermos ou defectuosos.https://9a84156a8993e7e8ccc467d906e3f9d2.safeframe.googlesyndication.com/safeframe/1-0-40/html/container.html
Con anterioridade tivo lugar a recolleita de leitugas, cuxo análise realizouse de maneira que retirouse un número determinado de follas en función do tamaño das cabezas que se enviaron aos laboratorios do CSIC para deshidratalas e analizalas. A seguinte especie en dar froitos será a xudía e, por último, farase a colleita de trigo.
Estes ensaios repetiranse no ano 2024 e os datos obtidos aparecerán nun informe publicado nunha revista especializada.
Diario de Pontevedra
0 comentarios