A Deputación destinará a Pontecesures 425.209 € no Plan +Provincia, 38.830 € más que en 2023.

Publicado por Redacción en

OPlan +Provincia da Deputación de Pontevedra destinará no 2024 preto de 8 millóns aos once concellos do sur de Arousa e do interior do Salnés. Así o fixo saber onte o ente provincial, informando tamén de que as bases do programa veñen de ser publicadas, este mércores, no Boletín Oficial da Provincia.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comunicoulles por carta a cada un dos alcaldes os recursos que lles corresponderán aos seus concellos neste novo ano destinados, sinalou, a «avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permite desenvolver as múltiples potencialidades da provincia». No caso dos municipios arousáns, con 600.000 euros máis cá no 2023, cando o plan provincial destinou 7,4 millóns de euros á zona.

Reparto por concellos

Desde a Deputación infórmase de que Cambados ingresará 1.049.443 euros, 68.431 máis có ano que vén de rematar; Catoira 480.899, isto é, 34.927 máis; O Grove 909.417 euros, 83.385 máis; A Illa de Arousa 498.061 (+46.105); Meaño 569.605 (+29.098); Meis 555.066 (+38.796); Pontecesures 425.209 (+38.830); Ribadumia 532.879 (+26.330); Valga 619.609 (+33.569); Vilagarcía de Arousa 1.482.114, que son 82.993 por riba do percibido da Deputación no ano 2023; e Vilanova de Arousa 869.827, o que supón 79.133 euros máis.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.