O IES de Valga ampliará a súa oferta con ciclos de mantemento industrial, mecatrónica e xardinaría.

Publicado por Redacción en

Os novos cursos comenzarán a impartirse en setembro, todos na modaliade de FP Dual

Ovindeiro curso, o IES de Valga vai ver medrar a súa oferta formativa. Actualmente, o centro imparte ciclos de dúas familias profesionais: a de fabricación mecánica —co básico de Fabricación e montaxe, o medio de Soldadura e caldeiraría e o superior de Construcións metálicas— e a familia agraria —co ciclo básico de Agroxardinaría e composicións florais—. Esta última medrará o vindeiro curso, cando se porá en marcha un novo ciclo medio de Xardinería e florería. «É unha formación que non se imparte en moitos quilómetros á redonda, se ben hai moitísimas empresas que teñen necesidade de persoal cualificado. Por iso pensamos que este novo ciclo representa unha oportunidade inmensa para o alumnado da zona e tamén para as empresas», explicou o director do instituto, Eliseu Mera.

Non é a única novidade do próximo curso. A partir de setembro, dixo, «imos incorporar unha terceira familia profesional, a de instalacións e mantemento, a través dos ciclos de Mantemento electromecánico e de Mecatrónica industrial, que teñen unha gran demanda».

Para coñecer as instalacións que ten o centro e as posibles necesidades cara o vindeiro curso, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este xoves o IES. No percorrido, no que estivo acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, Eugenia Pérez indicou que «este centro vai ter un gran impulso, con novos proxectos de formación dual, especialmente relacionados coa fabricación mecánica, un ámbito empresarial moi potente en Valga e arredores» e, como xa quedou dito, coa agroxardinería. «Haberá un incremento importantísimo da oferta que responde a unha demanda de profesionais cualificados por parte das empresas da zona», indicou.

Os novos ciclos impartiranse en modalidade dual, de forma que o alumnado recibirá formación tanto no IES coma en empresas da contorna, recibindo unha remuneración económica.

Bello Maneiro lembrou que o IES de Valga foi pioneiro, no seu día, na posta en marcha da formación dual e afirmou que o Concello que preside «seguirá estando ao lado do equipo directivo do instituto para seguir ampliando a oferta formativa para beneficio tanto do alumnado como das empresas que precisan persoal cualificado».

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.