Fontán lidera a flota arousana na Copa de España

Publicado por Plumilla o

A I Copa de España que se disputou o pasado fin de semana en augas do encoro de Verducido serviu para ratificar o espectacular momento de forma que vive o palista Manuel Fontán, do Náutico O Muíño de Ribadumia. O canoísta culminou esta cita con dous oros no bolsillo, un no C-1 500 e outro no C-2 500, en compañía de Adrián Sieiro, logrando dous das once medallas que acadaron os palistas arousanas durante o intenso fin de semana.

Na primeira das probas, o de O Muíño impúxose na liña de chegada cun tempo de 1:47,99, por diante do medallista olímpico e compañeiro no C-2 para probas internacionais, Diego Domínguez (Fluvial de Lugo), e de Martín Jácome (Cidade de Pontevedra).

Na segunda, os dous palistas de O Muíño cruzaron a liña de chegada cun tempo de 1:45,17, case un segundo menos que os irmáns Domínguez (Fluvial de Lugo) e que a parella do Náutico de Sevilla Pablo Martínez e Cayetano García de la Borbolla.

A flota arousana conseguiu un terceiro ouro nesta cita, o que logrou a palista do O Muíño de Ribadumia, Silvia Gago, que se impondría no C-1 1.000 cun tempo de 4:46,41 nun apretado sprint con Lucía Pizarro, palista de Aranjuez, e por diante de Lucía Luján, do Náutico de Sevilla. A arousana tamén sumaría unha prata na distancia de 500.

A canoa feminina sénior tamén trouxo dúas medallas para a ría de Arousa en forma de prata para Nerea Novo (Náutico de Pontecesures) e para a gandesa Valeria Oliveira (Piragüismo Poio). Esta última sumaría unha segunda medalla no C-2 500 en compañía de Alba María Rodríguez Requejo.

Nas categorías de paracanoe, a flota arousana sumou dúas bronces grazes ao esforzo de David Cortes (Náutico O Muíño) en PK3 500 e de Gabriel Suárez (Piragüismo Illa) no PV3 500.

As dúas últimas medallas da flota arousana chegarían no C-4, tanto masculino como feminino, e ambas serían de bronce. Na categoría masculina, o barco de Catoira formado por Jairo Zurita, Raúl Fernández, Pedro Torrado e Diego Miguens só se viu superado polo Fluvial de Lugo e o Náutico de Sevilla. Na feminina, o barco de O Muíño, formado por Carla Sieiro, Alba Vázquez, Lara Remigio e María Pérez finalizaba terceiro por detrás de Aranjuez e Náutico de Sevilla.

Fonte: Faro de Vigo

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.