Cesures leva ao Pleno a xestión de residuos e a explotación dos seus recursos culturais

Publicado por Plumilla o

Cesures leva ao Pleno a xestión de residuos e a explotación dos seus recursos culturais

O Concello de Pontecesures celebrou un novo Pleno ordinario coa xestión dos residuos municipais na orde do día, así como a adhesión a unha rede española pensada para impulsar os recursos culturais locais.

A Corporación Municipal iniciou a sesión coa aprobación dun acordo de continuidade do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) sobre a oferta presentada por FCC, a empresa que prestará o servizo ata se proceder a licitar de maneira ordinaria. Tamén se aprobou unha modificación de crédito, con cargo ao remanente da tesorería, para facer fronte aos pagos desta empresa.

Tamén se levou a debate a aprobación das contas xerais do exercicio 2025 e a adhesión do Concello á Rede Española de Capitais da Cultura. Trátase dun espazo ao que se poden adherir os concellos e que lle interesa porque teñen moitos recursos culturais que pór en valor, pero aínda están a comezar a traballar nelos e parten dunha base de inexistencia de explotación destes recursos.

Fonte: Diario de Arousa

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.