AMIPA convérte o Camiño de Santiago nun espazo de inclusión en Padrón

Publicado por Plumilla o

A Asociación AMIPA impulsará os días 24 e 29 de xullo unha nova xornada do proxecto Camiño á Inclusión, que promove a participación activa de persoas con discapacidade intelectual ao longo do Camiño Portugués.

A actividade desenvolverase no adro da igrexa da Escravitude, en Padrón, entre as 9:00 e as 12:00 horas. Alí, un grupo de persoas usuarias de AMIPA ofrecerá orientación e información ás peregrinas e peregrinos, sellará credenciais e dará a coñecer produtos de artesanía e papelería elaborados nos seus obradoiros, inspirados no Camiño e na comarca do Sar.

O proxecto nace da vontade das propias persoas usuarias de participar de xeito activo na comunidade. Para iso, recibiron formación sobre a historia do Camiño, atención ao peregrino, comunicación accesible e patrimonio rural galego. A iniciativa conta coa colaboración de Alma Peregrina e o apoio de Galiwonders.

Fonte: El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.