Noticias de Valga – 23 de xullo de 2026

Publicado por Plumilla o

Valga prepara a XIII Ruta-Concurso Tapa a Anguía

O Concello de Valga celebrará os días 22, 23, 29 e 30 de agosto a décimo terceira edición da Ruta-Concurso Tapa a Anguía, dentro da programación das xornadas gastronómicas en torno a este produto e á Caña do País. Os establecementos hostaleiros teñen de prazo ata o 3 de agosto para inscribirse.

As tapas servirán de forma gratuíta coas consumicións: os sábados de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas, e os domingos ao mediodía. O Concello facilitará a anguía xa limpa aos locales participantes. Habrá un xurado profesional que outorgará os Mandiles de Ouro, Prata e Bronce, e tamén unha votación popular co sorteo de dez vales de 30 euros. A tapa gañadora poderá degustarse na Festa da Anguía de 2027.

Fonte: Faro de Vigo


ADIF continúa mellorando a vía férrea no concello de Valga

Tras investir 3,5 millóns de euros na supresión de dous pasos a nivel nos camiños de Carracido e Castiñeiras-Carballa, ADIF avanza agora na reposición de traviesas e na renovación da fibra e o cableado paralelos á vía no tramo que cruza Valga. Estas obras complementan as xa realizadas e enmárcanse no convenio asinado entre ADIF e o Concello.

Queda pendente a construción do novo apeadero de Valga, xa que a licitación do proxecto foi declarada deserta en maio por falta de ofertas. Agárdase un novo concurso para retomar este anhelo veciñal.

Fonte: Faro de Vigo

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.