NOTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE PONTECESURES
? venres día 2, representantes do equipo de goberno mantiveron unha reunión cun grupo de veciños/as para tratar sobre a organización das festas do Carme 2008 que se celebrarán a primeiros do vindeiro mes de xullo.
Acordouse que este grupo de veciños (arredor de quince persoas) vai solicitar polos domicilios donativos para axudas a sufragar o custo dos actos festivos. Tamén está aberta unha conta bancaria para recibir estes donativos por parte de empresas e particulares.
O goberno municipal e este grupo de veciños queren potenciar esta edición das festas do Carme desenvolvendo un programa máis atractivo.
As festas celebraranse os días 4, 5, 6 e 7 de xullo e como principal novidade anúnciase que o venres 4 e o sábado 5 haberá verbenas populares. Esta é unha petición realizada sempre pola veciñanza que prefire este tipo de celbracións nas noites do fin de semana.
A recollida de dontaivos comezará a vindeira semana e faise un chamamento para que se colabore coas celebracións. As festas son de todos e así debemos entendelo.
Pontecesures, 3 de maio de 2008

