O partido de fútbol tivo lugar ás 11 horas nun dos campos de herba sintética de Campaña. Nun emotivo acto, con moitas bágoas en familiares e amigos de “Mon”, a organización entregou ao remate do encontro á viúva de Ramón Barreiro Portas un ramo de flores e unha placa conmemorativa. Estaban presentes neste acto moitos familiares, amigos e deportistas, así como varios membros da corporación municipal de Pontecesures que foron convidados ao encontro.
BALONCESTO: PARTIDOS DESTA FIN DE SEMAN
Esta fin de semán temos partidos nas 3 categorias que teñen competición oficial.
Xunior masculino: Xogan hoxe sábado ás 12 en Pontevedra, contra o Estudiantes da Xunqueira.
Cadete masculino: Partido mañá ás 17 h. en Pontecesures contra o BB Pontevedra.
Cadete Feminino: Partido mañá ás 19 h. en POntecesures contra o Arxil de Pontevedra.
Decir queos 2 partidos de mañá en Pontecesures son 2 bos partidos contra equipos que, coma os nosos, deberan de estar no alto da clasificación.
Convidan á corporación de Pontecesures ao partido en memoria de “Mon”.
O encontro de fútbol 11 en memoria de Ramón Pesado Portas, celebrarase nas instalacións deportivas de Campaña o domingo, 2 de outubro, ás 11 horas. A iniciativa foi da organización do XXXIII Campìonato Futbito Veteranos de Valga.
Este domingo homenaje a “Mon” en Campaña.
Este domingo as instalacións deportivas da parroquia de Campaña serán escenario dun partido de fútbol 11 en memoria do futbolista Ramón Barreiro Portas, Mon. Enfronte, unha selección de xogadores dos dous equipos nos que xogou, o Cafetería Sol y Mar e o Bar Muelle, e un combinado do resto da Liga de Futbito Veterán de Valga.
LA VOZ DE GALICIA, 28/09/11
O Karymo, campión do Polo y Rogelio Vigo.
O Karymo Peluqueros levouse o pasado domingo a final do Memorial Polo y Rogelio Vigo, o torneo de pretempada que antecede a Liga de Futbito Veterán de Valga.
O conxunto campión venceu 1-2 o A Redonda. Fíxoo logo de superar as dúas roldas clasificatorias na quenda de penaltis. Primeiro fronte ao Norven/Extrugasa, e logo a costa do Desigual.
LA VOZ DE GALICIA, 28/09/11
BALONCESTO: HOXE DEBUTAN OS 2 EQUIPOS CADETES E MA?Á XOGAN OS XUNIOR NA CASA

Esta xornada arranca a competición cadete, tanto masculina como feminina, que, xunto cos xunior, son os equipos que xogan este fin de semán.
En concreto as mozas do cadete feminino impuxéronse esta mañá por 12 a 75 ó Xuven de Cambados, no partido celebrado nesa vila do Albariño ás 10 da mañá.
Os mozos do equipo cadete masculino viaxan ata Lalín onde xogan esta tarde a partir das 16 h. contra os do Deza.
Mañá Domingo, a partir das 18 h. o equipo xunior xoga a 2ª xornada da liga. Será en Pontecesures contra o BB Pontevedra. O noso equipo vai chegar moi xusto, tras as lesións de Gabriel e Fran, polo que o adestrador Antonio vai levar 5 cadetes para completar convocatoria.
Na vindeira semán serán as nenas infantís as que empecen a xogar a súa competición. Nas seguintes o farán os senior, alevíns e benxamíns. A finais dos próximo mes de outubro os 8 equipos estarán xogando as súas respectivas ligas.
El torneo de Valga ya cuenta con sus semifinalistas.
El memorial Polo y Rogelio Vigo está llegando ya a su tramo final. La competición, que sirve como torneo de pretemporada para los equipos que participan en el campeonato de futbito de veteranos de Valga, tiene decididos los nombres de sus semifinalistas.
Los emparejamientos de la penúltima ronda serán lso siguientes: A Redonda-Bouzón (9.30) y J.L.L. Ramos / Karymo Peluqueros (10.00). Los ganadores se medirán en la gran final, cuya hora de inicio está fijada para las doce del mediodía. El memorial Polo y Rogelio Vigo tiene la característica de que los equipos que quedan eliminados siguen jugando. Así, el domingo los enfrentamientos serán Radio Valga /Isalcor-Bar Muelle, Valdeza / Bar Juan-Norven / Extrugasa, y Cafetería Sol y Mar-A Casa Vella.
LA VOZ DE GALICIA, 22/09/11



