Unos tíos de Fran Vieites fundaron el Cuxhaven en el 69.

Por toda Alemania hay clubes nacidos a través de emigrantes gallegos como el de esta ciudad del área de Hamburgo, el Ibérica de Dortmund, el Galicia de Bonn o los Gallegos de Bochum.

Una de las alineaciones del Cuxhaven CF, fundado por tíos-abuelos del canterano céltico Fran Vieites.
Una de las alineaciones del Cuxhaven CF, fundado por tíos-abuelos del canterano céltico Fran Vieites

El caso del FC Español de Karlsruhe no es, ni mucho menos, una excepción. Toda Alemania está trufada de clubes, equipos de barrio o peñas fundadas por emigrantes gallegos que fueron en busca de una vida mejor al país germano. Como es lógico, los territorios más industriales son los que más nacimientos albergaron, al amparo de la masiva mano de obra que llegó desde el fogar de Breogán. La región de Renania en general y Dortmund y la cuenca del Rurhr en particular son un ejemplo. Allí surgió el Ibérica o los Gallegos de Bochum. Más al sur, el Galicia de Bonn. Son solo tres ejemplos entre una multitud.

Otra de estas muestras está en una ciudad norteña del área metropolitana de Hamburgo. En el año 1969dos hermanos emigrados desde Pontecesures fundaron el Cuxhaven CF, tomando prestado el nombre de su localidad de acogida. Se llaman Alejandro Jesús Vieites -éste último fue el primer presidente de la entidad-. Y como el mundo es un pañuelo -y el del fútbol más-, resulta que son tíos abuelos de Fran Vieites, el portero canterano del Celta que actualmente milita en el Leicester inglés tras pasar por el Betis.

El problema para todos estos clubes fue el paso del tiempo. Al contrario que con el Español de Karlsruhe, muchos de sus impulsores no encontraron relevo en sus hijos y nietos. Otros, regresaron a casa. Así, poco a poco, muchos se fueron muriendo o integrándose en estructuras más potentes. Ese fue el caso del Cuxhaven, cuyo apellido ahora es FC y compite en las ligas regionales germanas. Pero sus orígenes siempre irán de la mano con los de Fran Vieites.

Hay clubes de origen gallego por toda Europa y América

Si hay un gallego en la luna, cómo no lo va a haber por todos los rincones del planeta Tierra. Las diferentes olas migratorias que obligaron a viajar al extranjero a distintas generaciones se plasmaron de muchas maneras en los países de acogida. Y una de ellas fue el fútbol. Tanto en América, donde mucha gente llegó desde Galicia en la primera mitad del siglo XX, como en Europa, con un flujo más centrado en los años 60 y 70, nacieron clubes fundados por gallegos. Muchos aún prevalecen.

El NY Galicia sigue compitiendo en la actualidad como club federado.
El NY Galicia sigue compitiendo en la actualidad como club federado.

El NY Galicia, por ejemplo, nació en 1922 en Nueva York. Un año antes que el Celta. En 1927 se enfrentó al Real Madrid con empate (1-1). Y hoy sigue en activo. Mismo caso que el Galicia de Salvador de Bahía, en Brasil.

En territorio europeo, amén de los casos ya mentados en Alemania, hay numerosos ejemplos en Suiza. Muchos eran equipos de amigos y los que fueron en serio, o bien desaparecieron o fueron asimilados por entidades más poderosas.

En Inglaterra, aún hoy sobrevive el Deportivo Galicia. Fundado en 1968 por emigrantes, está federado y compite con el sueño de poder disputar la FA Cup. Para que haya gallegos hasta en la competición más antigua del mundo.

Atlántico Diario

Triunfo do Náutico Pontecesures na primeira cita provincial en Verducido

Triunfo do Náutico Pontecesures na primeira cita provincial en Verducido.

O encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, acolleu este sábado a celebración da I Competición da liga Provincial de Pontevedra \”O Noso Club 2026\”.

A cita desenvolveuse en dobre sesión, coas categorías de promoción pola mañá e as probas infantís pola tarde.

A xornada finalizou co triunfo do Club Náutico Pontecesures na clasificación xeral por clubs, ao sumar 6.460 puntos.

A segunda praza foi para o Club Náutico O Muiño de Ribadumia, con 5.966, e o terceiro lugar para o Club Confradía Pescadores Portonovo, con 5.627.

Fonte: Pontevedra Viva

La Diputación destina 94.000 para el campo de fútbol de Pontecesures

El presidente provincial compareció hoy tras la junta de gobierno
El presidente provincial anunció la inversión.

El presidente de la Diputación, Luis López, anunció ayer la aprobación de más de 300.000 euros a favor de los concellos de Ribadumia, Sanxenxo y Pontecesures en el marco del Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

En cuanto a Pontecesures, recibirá una ayuda de 94.000 euros para financiar la adecuación y mejora integral de las edificaciones auxiliares del campo de fútbol Ramón Diéguez.

Diario de Arousa

A Deputación concede máis de 110.000 euros para mellorar a área deportiva de A Campaña en Valga

A Deputación concede máis de 110.000 euros para mellorar a área deportiva de A Campaña en Valga. Esta inversión forma parte do programa de mellora de infraestruturas deportivas na provincia.

Infraestruturas deportivas:

Os fondos destinados a A Campaña permitirán mellorar as instalacións deportivas existentes, beneficiando a todos os usuarios que fan uso destes espazos. A área é un dos referentes deportivos do municipio.

Investición provincial:

A Deputación de Pontevedra continúa coa súa política de apoio aos concellos para mellorar as instalacións deportivas. Estas actuacións contribúen á promoción do deporte e a vida activa na poboación.

Fonte: Diario de Arousa

Fontán lidera a flota arousana na Copa de España

A I Copa de España que se disputou o pasado fin de semana en augas do encoro de Verducido serviu para ratificar o espectacular momento de forma que vive o palista Manuel Fontán, do Náutico O Muíño de Ribadumia. O canoísta culminou esta cita con dous oros no bolsillo, un no C-1 500 e outro no C-2 500, en compañía de Adrián Sieiro, logrando dous das once medallas que acadaron os palistas arousanas durante o intenso fin de semana.

Na primeira das probas, o de O Muíño impúxose na liña de chegada cun tempo de 1:47,99, por diante do medallista olímpico e compañeiro no C-2 para probas internacionais, Diego Domínguez (Fluvial de Lugo), e de Martín Jácome (Cidade de Pontevedra).

Na segunda, os dous palistas de O Muíño cruzaron a liña de chegada cun tempo de 1:45,17, case un segundo menos que os irmáns Domínguez (Fluvial de Lugo) e que a parella do Náutico de Sevilla Pablo Martínez e Cayetano García de la Borbolla.

A flota arousana conseguiu un terceiro ouro nesta cita, o que logrou a palista do O Muíño de Ribadumia, Silvia Gago, que se impondría no C-1 1.000 cun tempo de 4:46,41 nun apretado sprint con Lucía Pizarro, palista de Aranjuez, e por diante de Lucía Luján, do Náutico de Sevilla. A arousana tamén sumaría unha prata na distancia de 500.

A canoa feminina sénior tamén trouxo dúas medallas para a ría de Arousa en forma de prata para Nerea Novo (Náutico de Pontecesures) e para a gandesa Valeria Oliveira (Piragüismo Poio). Esta última sumaría unha segunda medalla no C-2 500 en compañía de Alba María Rodríguez Requejo.

Nas categorías de paracanoe, a flota arousana sumou dúas bronces grazes ao esforzo de David Cortes (Náutico O Muíño) en PK3 500 e de Gabriel Suárez (Piragüismo Illa) no PV3 500.

As dúas últimas medallas da flota arousana chegarían no C-4, tanto masculino como feminino, e ambas serían de bronce. Na categoría masculina, o barco de Catoira formado por Jairo Zurita, Raúl Fernández, Pedro Torrado e Diego Miguens só se viu superado polo Fluvial de Lugo e o Náutico de Sevilla. Na feminina, o barco de O Muíño, formado por Carla Sieiro, Alba Vázquez, Lara Remigio e María Pérez finalizaba terceiro por detrás de Aranjuez e Náutico de Sevilla.

Fonte: Faro de Vigo

O piragüismo local non falla no II Selectivo Nacional

O piragüismo local non falla no II Selectivo Nacional

O equipo nacional de piragüismo xa coñece os palistas que conformarán as embarcacións dobres despois da disputa do II Selectivo Nacional de Sprint Olímpico, que se celebrou durante a mañá deste xoves no embalse de Pontillón do Castro, en Verducido.

Unha cita que volveu ter un grande acento pontevedrés debido aos resultados obtidos polos palistas locais, que conseguiron os billetes para as Copas do Mundo de Szeged e Brandemburgo, competicións nas que se confeccionará o equipo que acudirá ao Campionato de Europa e ao do Mundo.

A primeira pontevedresa en lograr o billete foi Claudia Couto. A palista que agora defende os cores do Kayak Tudense competiu xunto con María Corbera, a exparella de Antía Jácome, quen debido ás novas normas dos selectivos (non se permiten embarcacións nas que ambas palistas reman polo mesmo lado) decidiu apostar polo barco individual.

A dupla da pontevedresa e a madrileña conseguiron un dos billetes en xogo ao cruzar a liña de meta en segunda posición, cun tempo de 1:58,63, detrás do barco formado por María dels Angels Moreno e Viktoriia Yarchevska (1:55,84). A última posición foi para a dupla formada por Elena Gómez Millán e Ana Cantero (2:01,58).

No C2 500 masculino tamén houbo presenza, e billete, para palistas locais. E é que o pontevedrés Adrián Sieiro, xunto co madrileño Daniel Grijalba, cruzaron a liña de meta en segunda posición cunha marca de 1:40,37, conseguindo unha clasificación que tamén logrou o vilanovés Manuel Fontán xunto con Diego Domínguez (1:39,54).

Non correu a mesma sorte Martín Jácome, quen xunto a Cayetano García de la Borbolla, finalizaron a regata en terceira posición (1:41,99).

Os tres pontevedreses -Claudia Couto, Adrián Sieiro e Carolina García- finalizaron na segunda posición, mentres que o vilanovés Manuel Fontán levou o triunfo.

E do C2 ao K2, onde tamén a pontevedresa Carolina García, que agora defende os cores do Fluvial de Lugo, cruzou xunto con Nerea García a liña de meta en segunda posición cun tempo de (1:43,54). O primeiro lugar foi para Miriam Vega e Laia Pelachs.

No cadro masculino Adrián del Río e o cangués Rodrigo Germade lograron a vitoria cun tempo de 1:29,70. A segunda posición foi para Enrique Adán e Carlos García (1:30,13).

Jaime Duro, á pola vitoria nos 5.000

Para a xornada deste venres quedan as probas de fondo sobre 5.000 metros con porteiros, cita na que ademais das prazas internacionais, ponse en xogo un calendario completo das Copas do Mundo para os gañadores.

O pontevedrés Jaime Duro, que parte como favorito tras o título de campión de España, buscará a vitoria no C1 sénior masculino, onde competirá con Noel Domínguez e Manuel Garrido, mentres que na parcela feminina xogaranse o triunfo Nerea Novo (Náutico Pontecesures) e María Martín.

Xa na modalidade de kayak Estefanía Fernández, Begoña Lazkano, Miriam Vega e Eva Barrios serán as protagonistas da regata feminina e Alberto Plaza, Brais Sánchez, Javier Sánchez, Adrián Martín, Javier López, Pedro Vázquez, Diego Fernández, Antonio Palmas (CP Vilaboa), Carlos Pérez, Izan Aliaga e Miguel Lloréns o farán na masculina.

Fonte: Diario de Pontevedra

Unha decena de arousanos buscan prazas internacionais coa selección española de piragüismo

O embalse do Pontillón de Castro acollerá este xoves e venres un novo selectivo da selección española de piragüismo de esprint, unha cita clave para completar as embarcacións que competirán nas dúas primeiras Copas do Mundo da tempada, en Szeged e Brandemburgo, en maio.

Manuel Fontán, palista do Náutico O Muíño de Ribadumia, é unha das principais bazas arousanas. Remará en C2 500 xunto ao madrileño Diego Domínguez, bronce olímpico en París, co obxectivo de conseguir un dos dous billetes dispoñibles para as citas internacionais. Fontán xa ten praza asegurada no C1 1.000 tras a súa boa actuación no selectivo de Trasona.

Tamén destaca Pedro Torrado, do Club As Torres-Romaría Vikinga de Catoira, que formará parella co cangués Pablo Graña no mesmo C2 500. Outro arousano na pelexa é Adrián Sieiro, do O Muíño, que remará co madrileño Daniel Grijalba.

Ademais, oito palistas arousanos sub-23 aspiran a gañar as finais individuais de 500 e 1.000 metros para conseguiren praza no Europeo e no Mundial da súa categoría.

O selectivo serve tamén como antesala da primeira Copa de España de Esprint Olímpico da tempada, co que a presencia arousana no Pontillón de Castro será moi numerosa.

Fonte: La Voz de Galicia

O Náutico Pontecesures campión do Campionato Galego Infantil Femenino

O Club Náutico de Pontecesures proclamouse campión do Campionato Galego Xunta de Galicia de K1 e C1 Infantil, sumando 819 puntos que lle valeron o primeiro posto na clasificación.

A xornada, que tivo lugar nas últimas semanas, viu ao equipo cesureño impoñerse con forza na categoría feminina, deixando moi atrás ao segundo clasificado, o As Torres-Romaría Vikinga de Catoira, que quedou a 252 puntos de distancia.

Esta vitoria é un novo éxito para a canteira do piragüismo arousano, que demostra o bo traballo e o talento dos deportistas de Pontecesures.

Fonte: La Voz de Galicia