Comezaron, con moitos nenos, as actividades de entroido para nenos. Estivo a TVG.

Aínda que as 31 prazas estaban esgotadas, ampliouse o cupo para admitir aos 38 solicitantes. Estiveron esta mañá no Centro Social de 10 a 13 horas e foron divididos en tres grupos para facer caretas de araña, de pirata e de pallaso. Causou sorpresa, para as monitoras e para os nenos, a presenza das cámaras da Televisión de Galicia. A reportaxe emítese hoxe, 7 de marzo, a partir das 13:47 horas no programa “Galicia, noticias mañá”.

XVI Festa da Lamprea en Pontecesures.

O prestixioso actor e monologuista Carlos Blanco será o pregoeiro da XVI Edición da Festa da Lamprea que se celebrará os días 9 e 10 de abril en Pontecesures. O pregón será lido no espazo portuario sobre as 13 horas do día 10 de abril.

Por outra banda, adiantase que na tarde do día 9 terá lugar unha nova edición do concurso gastronómico de empanadas de lamprea que se vai consolidando na comarca. A lamprea en empanada é un exquisito plato da cociña galega que se quere potenciar na festa.

Ainda que xa o día 9 poderase degustar a lamprea en pinchos, o día forte da degustación será o 10 durante toda a xornada nunha carpa instalada no peirao. A lamprea será preparada “á bordelesa”, guisada no seu propio sangue, con arroz en branco e picatostes, correndo a cargo a preparación de catro cociñeiras da zona que lle dan cadansúa o seu “toque” especial en materia de cociñado. Mantéñense os prezos da edición anterior: 10 euros a ración (co pan e o viño), e 3 euros o pincho.

Está a espertar esta edición un gran interese e xa son varias as persoas e colectivos que tratan de reservar tickets na Casa do Concello para degustar a lamprea nesta edición.

En próximas datas será rematado o programa detallado dos actos.

Gran éxito da convocatoria das actividades de entroido para nenos.

Os días 7, 8 e 9 de marzo de 2009 (luns e martes de entroido e mércores de cinza, días nos que non hai clase), de 10 a 13 horas no Centro Social de Pontecesures hai actividades de confección de disfraces, maquillaxe de Entroido, realización de caretas e antifaces para nenos/as de 5 a 12 anos.
Estes obradoiros van seren impartidos pola educadora familiar do concello e pola monitora de ximnasia de adultos.
Os anuncios foron distribuídos no CPI Pontecesures nesta semana, e a día de hoxe xa están esgotadas as 31 prazas coas que se conta para estas actividades.
O goberno local está satisfeito da resposta a esta iniciativa. Ademais do labor formativo e festivo, é importante a celebración deste tipo de actividades en días de vacacións para as familias nas que traballan os dous cónxuxes.

Cesures celebrará la Festa da Lamprea los días 9 y 10 de abril.

El Concello de Pontecesures está trabajando ya en la programación que se desarrollará en este municipio a principios del mes de abril, en el marco de una nueva edición de la Festa da Lamprea. La fiesta, que cumple ya dieciséis años de vida, tendrá lugar, según informaron ayer desde ese concello del Baixo Ulla, los días 9 y 10 de ese mes, por lo que coincidirá con la Romería de San Lázaro.
Según explicó ayer el concejal Luis Ángel Sabariz, el Ayuntamiento está ya trabajando en el programa de actos, y ya hay algunas cuestiones cerradas. Por ejemplo, se va a convocar, como ya se hizo en la edición anterior, un concurso gastronómico sobre la preparación de este exquisito animal. Otros aspectos de la fiesta aún están por cerrarse. Es el caso del horario de apertura de los puestos de degustación, que podría verse ampliado.
Luis Ángel Sabariz mostró ayer su convencimiento de que la próxima edición de la fiesta supondrá un nuevo éxito, al menos «en canto ao número de visitantes que imos ter en Pontecesures nestes días». «O elevado número de lampreas capturadas no Ulla ata o momento anima a pensar que serán moitos os que poidan degustala este ano».

LA VOZ DE GALICIA, 20/02/11

Pontecesures fija para el 9 y el 10 de abril una nueva edición de la fiesta de la lamprea del Ulla.

La “XVI Festa da Lamprea de Pontecesures” se celebra los días 9 y 10 de abril en la zona portuaria de la localidad, Va a coincidir con el desarrollo de una romería tradicional y concurrida como la de San Lázaro, por lo que todo permite augurar que la celebración de este año va a ganar muchos enteros. Y mejhor puede resultar todavía a tenos de la excelente campaña de pesca que se desarrolla desde el mes pasado en aguas del Ulla.
De este modo el Concello de Pontecesures promociona el trabajo colectivo de los valeiros, que se ocupan de la pesca de este recurso fluvial, pero sobre todo publicita el consumo del pez más preciado del Ulla, y sin duda uno de los productos más representativos de la cocina tradicional de Pontecesures y muchos municipios próximos, como Valga o Catoira.
En la programación de esta fiesta de exaltación de la Lamprea del Ulla van a incluírse un concurso gastronómico y diversos actos folclóricos y socioculturales.
Esta programación está aún por cerrar, si bien el concejal de Relaciones Institucionales, Luis Sabariz, anuncia ya que será acorde con la exitosa fieesta que todos esperan en la localidad. También cree que “serán muchos los ciudadanos que quieran acercarse a Poantecesures” para saborear la lamprea y anuncia incluso que se estudia una ammpliación del horario de degustación para dar más facilidades a los visitantes.

FARO DE VIGO, 20/02/11