En relación coas respostas dadas polo alcalde sobre as contínuas e desorbitadas cargas de gasoil ó patrol de obras en 2005 (18 preguntas do PP que aparecen nesta páxina) e do primeiro bimestre de 2006 (6 preguntas da ACP que tamén aparecen nesta páxina) no citado pleno, comunícase o seguinte:
1-As respostas non convenceron para nada a este concelleiro e pareceron unha burla e un insulto á intelixencia de calqueira.
2-O alcalde quere virar a situación dicindo que a oposición ten a culpa de todo.
3-Non deixou o presidente ningunha opción para rebatir as súas contestacións e vímonos na obriga de interrumpilo pola cantidade de mentiras que estaba dicindo nas súas respostas. Tampoouco nos deixou facer unha valoración final e levantou a sesión con cobardía. Tivemos que quedar no salón de plenos e explicar a nosa valoración ós veciños que quedaban a esas horas da noite.
4-O alcalde dixo que a maioria do consumo era porque deixaba o patrol ó Club Náutico. En 2005 eu penso que o patrol prácticamente non se usou por este club (noutros anos sí) que utilizou a súa furgoneta. Nin así dan as contas e falou de desprazamentos para adestramentos no primeiro e no último trimestre do ano que non cre ninguén.
5-Falou doutras xustificacións incribles e así dixo que ás veces levábanse garrafas no patrol contabilizadas como se fosen botadas no depósito do coche, de que estas garrafas eran para un tractor dun traballador que prestaba o vehículo e para coches que ían na Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, de numerosas avarías que nada teñen que ver co excesivo consumo, de que o “chivato” non funcionaba, de que o día de fin de ano cargouse gasoil para encender o bombeo da Barca cando se demostrou que o coche estaba avariado, etc..
6-As respostas provocaban as gargalladas do público mentras o alcalde desencaixado daba puñetazos na mesa e gritaba dabondo.
Este concelleiro continúa afirmando que é imposible que se subministrasen esas cantidades de gasoil ó patrol de obras sospeitando que as cargas se facían a outros vehículos e nos tikets aparece a matrícula do patrol do concello. Hai que averiguar agora de que vehículos se trata e clarexar todo o sucedido nos últimos anos co combustible de obras.
Por razóns de espazo non é posible agora comentar máis cousas. Só insisto en que as explicacións foron patéticas.
El alcalde de Pontecesures, Luis Álvarez Angueira, reiteró ayer estar tranquilo con respecto a las acusaciones de corrupción y falsificación de las facturas del gasoil de los vehículos municipales, y aseguró que se houbera algún atisbo de irregularidades, irían ó xulgado , en referencia a los grupos de la oposición.
El caso de las facturas del combustible en el Concello de Pontecesures sigue dando coletazos, y más que dará en los próximos días. Por si las conclusiones que dejó el pleno celebrado el martes para analizar este tema fueran pocas, desde las filas de la oposición pedían ayer que «se llegue hasta las últimas consecuencias para exigir responsabilidades».
miércoles.