Hoxe ás 17,00 comezan no edificio do club xuvenil as clases de “Preescolar na casa” que están dirixidas a nenos/as de 0 a 3 anos e que serán impartidas polo psicólogo José Expósito. Hoxe as clases van dirixidas a tódolos asistentes, pero en mércores sucesivos irase rotando. Unha semana irán os nenos/as de 0-1 anos, a seguinte os de 2-3 anos, e así sucesivamente.
Este programa é custeado pola Xunta de Galicia colaborando o concello co mesmo.
O día 11 de outubro, asemblea ordinaria da ANPA do CPI Pontecesures.
Terá lugar o xoves, día 11 de outubro de 2007, ás 20,30 horas na biblioteca do colexio coa seguinte Orde do Día:
# Acta anterior.
# Estado de contas.
# Cota da ANPA e seguro escolar para o curso 2007-2008.
# Actividades extraescolares.
# Informes da presidencia.
# Rogos e preguntas.
O presidente.
LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN
La banda de Valga gana en el certamen de la Diputación.
La banda de música municipal de Valga se ha hecho con la victoria en el certamen de bandas de la Diputación, en la sección segunda. Los valgueses han obtenido un premio de unos 5.000 euros y obtuvieron 346 puntos, 26 más que los segundos clasificados, que fueron los integrantes de la banda de Matamá.
En el tercer puesto de est sección segunda, con 300 puntos, quedó la Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, y el cuarto, con 260 puntos, fue para la banda juvenil de Xinzo.
FARO DE VIGO, 08/10/07
JONH PINO XA ENTROU NA “CAPILLA”… ULTIMA SEMANA DE SOLTEIRIA
Pois si, temos a Pino “en capilla” cando quedan menos de 6 dias xa.
Onte á noite fomos testigos da súa entrada:
E os amigos e compañeiros do equipo de baloncesto fixémoslle unha cea de despedida ó noso “Beckam”particular… Vai por ti, Pino. Amigo.
*Felicidades para os 2. O sábado está armada…*
Begoña Castro preside o Consello Comarcal de Igualdade.
A Asociación de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia celebrou o pasado xoves en Caldas a asemblea constituínte do Consello Comarcal de Igualdade, “nunha clara aposta pola calidade social da comarca”, que estará presidido pola concelleira de Asuntos Sociais, Igualdade e Asociacionismo de Caldas.
Santiago Auserón actúa o día 20 no Auditorio de Santiago.
Dentro das actividades “COMPOSTELA CULTURA”:http://www.compostelacultura.org/ de outubro de 2007, está programada a actuación de Santiago Auserón, o sábado día 20 de outubro, ás 21 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
O concerto leva o título de “SONS DA DIVERSIDADE”:http://sons.santiagodecompostela.org/, e o que fora lider inesquecible de “Radio Futura”, actuará acompañado da “Original Jazz Orquestra Taller de Músics”.