??Tega reúne o mellor dos partidos tradicionais e dos independentes?.

ÁNGEL MANUEL SOUTO CORDO /

Ángel Manuel Souto volve a liderar a formación Tega para estas municipais e tras xestionar as concellerías de Urbanismo, Obras e Servizos. Presume da boa xestión económica do tripartito, pero aínda non quere oír falar de pactos.

Que supuxeron estes catro anos nos que tiveron responsabilidades de gobierno?
O balance é positivo, tendo en conta que gobernar en coalición non é doado ??tes que aparcar cousas do teu programa para garantir un goberno estable??, pero conseguíronse cousas moi importantes para o futuro. Cando chegamos había no caixón facturas sen pagar por case 200.000 euros e non só se pagaron, senón que a día de hoxe temos débeda cero é un superávit de máis de 300.000 euros. Hacienda considéranos un dos concellos máis saneados de toda España. Tamén nos atopamos cun enorme gasto corrente, telefónico, de luz… e grazas ás inversións en aforro enerxético conseguimos uns aforros cos cales no orzamento deste ano fanse inversións con fondos propios, algo impensable hai poucos anos. Destacar tamén o lamentable estado no que estaban as rúas do rural e nesta lexislatura 9 de cada 10, ou ben foros arranxadas ou foron adxudicadas para a súa realización.

Estaría disposto a un novo pacto de goberno? O PP sería unha opción a ter en conta no caso de ser precisas alianzas para gobernar?
Presentámonos para ter os apoios suficientes dos veciños para poder gobernar e a día de hoxe non nos plantexamos ningún pacto. Se a cidadanía decidise que para gobernar se teñen que facer, é entón cando o valoraríamos.

Que é o máis urxente que precisa Pontecesures?
Seguir coa diminución do gasto para seguir tendo máis aforros e adicalos ás inversións necesarias para o noso pobo e á realización das nosas festas. Seguir traballando para ter un goberno o máis transparente posible (ordenanza de participación cidadá nos plenos, gravación dos plenos e cogalos na web do Concello), ou sexa, un concello aberto ós cidadáns. Despois de catro anos como concelleiro de Urbanismo e de escoitar ós veciños, presentaremos ante a Xunta as modificacións puntuais do PXOM para corrixir as deficiencias que ten, como por exemplo que moitos dos baixos do pobo non poidan ter actividade por estar fora de aliñación ou que nunha mesma rúa uns poidan construír e outros non.

Cre que o descontento da cidadanía cos partidos tradicionais os beneficiará?
Espero que sí. Terra Galega non é un partido independente que busca o beneficio propio, nin o é a antiga usanza, onde as decisións tómanse dende as directivas superiores. Nós temos o mellor de ambos.

Diario de Arousa

As beirarrúas da Avda. de Vigo en estado lamentable.

beirarrúa

As beirarrúas da Avda. de Vigo de Pontecesures (N-550) presentan un estado lamentable en moitos puntos con plaquetas rotas e soltas e pavimento desigual en moitos puntos con perigo de caídas para todos. Pero é que en xeral a limpeza é practicamente inexistente e así vemos na fotografia como se atopaba, ata hai uns días, a beirarrùa na intersección da Avda. de Vigo coa rúa Ullán fronte a dous establecementos comerciais. Vaia imaxe transmite o noso municipio por culpa dun goberno inoperante.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Cecilia Tarela: “A ausencia de Sabariz suporá un alivio para o pobo en xeral”.

O próximo día 24, Cecilia Tarela afrontará a súa primeira loita pola Alcaldía, pero esta cesureña de 38 anos, non é nova nisto da política local. Substitúe ao sue compañeiro de partido e alcalde nos últimos anos, Álvarez Angueira, e a avalan a súa experiencia como actual terceira tenente de alcalde e responsable das áreas de Muller, Xuventude e Medio Ambiente sen esquecer que a estes catro anos como edil hai que sumarlles outros tantos na oposición, ademais de toda unha vida vinculada ao asociacionismo cesureño. De feito, foron os seus compañeiros os que decidiron que era a persoa máis idonea para liderar o Bloque nesta nova cita electoral na que espera gañar para seguir gobernando a vila e, novamente, están abertos aos pactos, aínda que non a calquera prezo. “Sempre que sexan razoables”, declara.

Preséntase por primeira vea á alcaldía. Que lle animou a dar o paso?
Animoume o traballo realizado nestes catro anos. Tamén a experiencia que vas collendo durante unha lexislatura na oposición e outra no goberno. E os meus compañeiros de partido que foron os que me colocaron na parrilla de saída.

De acadar o goberno, que faría no primeiro día de mandato?
Seguir traballando como todos os días polos veciños de Pontecesures.

Se tivera que destacar só unha das propostas do seu programa, cál sería?
O benestar dos meus veciños, xa que nestes tempos que corren é o que toca. Que ninguén pase necesidades que moitas veces lles viñeron impostas por esta crise da que eles non teñen culpa.

Unha pregunta obrigada é saber se o Bloque estaría disposto a volver a pactar para gobernar.
Sí. Sempre estivo e está disposto a pactar. Sempre, claro está, que os pactos sexan razoables.

Cree que a absolución de Angueira verase recompensada en máis apoios da poboación?
Penso que sí, aínda tamén teños que dicir que presentouse estando xa imputado e iso non restou que a xente confiara nel para darlle o seu voto.

O concelleiro da ACP, Luis Ángel Sabariz xa non volverá a estar na corporacion municipal. Que suporá esa ausencia tendo en conta as tensións existentes entre o goberno local e esa agrupación?
Tranquilidade en xeral. Eu penso que para nós, xa que é unha persoa difícil de traballar con el. E penso que para o pobo en xeral. Un alivio.

Diario de Arousa

Roque Araújo: “Puidemos cometer erros, pero o noso labor foi moi importante”.

O cesureño Roque Luis Araújo volve ser o candidato socialista co obxectivo de mellorar resultados anteriores e conquistar o Goberno. Sendo dun partidos dos agora chamados tradicionais, ve con bos ollos o feito de que haxa cinco candidaturas diferentes porque “é a demostración de que somos un pobo que está vivio e con unha xuventude preocupada”. ? máis, ata o ve como un acicate.

Como afronta o PSOE esta campaña?
Con moita ilusión e na confianza de que os cesureños saiban recoñecer o labor que desenrolamos nas concellerías de Servizos Sociais e Deportes.

Seguen vostedes abertos aos pactos de goberno e acordos?
Estamos traballando para lograr o mellor resultado posible. e por respecto aos votantes, non estamos agora pensando en pactos ou acordos. En todo caso dicir que si os cesureños deciden que ningunha lista obteña a maioría, só pactaremos con os que antepoñan o benestar e o interese da veciñanza en xeral, a intereses particulares ou do partido.

Cal é o seu aval nesta lexislatura como membro do goberno?
Lograr un novo xeito de facer política, entendendo que o diálogo, o traballo diario e a cercanía con veciños son a base para que as cousas melloren a nivel local.

Como foi a relación cos seus socios nesta lexislatura?
Cordial no persoal, pero coas discrepacncias lóxicas entre opcións políticas diferentes.

Fíxose algo mal? Que se fixo ben?
Algo mal? Somos humanos e seguramente cometemos algún erro e agora os cidadáns xulgarán. Nas áreas nas que desenvolvín o meu traballo, considerando o período que nos tocou vivir polos recortes do goberno central de da Xunta, considero moi importante o labor feito en Servizos Sociais, dando cobertura ás persoas máis necesitadas: en Educación, mantivéronse as instalacións e fixéronse novas inversións, se continuou con programa de educación de adultos; saxouse adiante o Banco de Libros, iniciouse un programa de ludotecas e potenciouse o labor da Bilioteca. En Deportes manitivéronse as instalacións municipais e apoiouse as clubs.

Diario de Arousa

Presunto favoritismo na obra da rúa Doctor Mosquera de Condide.

Con data 07/04/15 solicitouse ao alcalde de Pontecesures, en relación coa obra de reposición de servizos na rúa Doctor Mosquera de Condide, un informe para coñecer o diámetro do tubo de acometida de augas pluviais procedente dun inmoble determinado para cerciorarse se foron colocaron tubos dos mesmos diámetros para todas as vivendas ou houbo algún máis grande o que suporía, nun principio, un caso de favoritismo para algunha vivenda en especial.

Pois ben, pasou máis dun mes e do informe nada sabemos. Porén, xa coñecemos que o diámetro do tubo da acometida da vivenda en cuestión é de 200 mm cando as outras casas levaron, ao parecer, tubos de 110 mm ou de 125 mm como moito.

Non parece razoable o exposto e solicitamos tanto do alcalde como do concelleiro de obras, Ángel Souto Cordo (reside ademais na propia rúa Doctor Mosquera) unha explicación pública sobre se houbo privilexios para algúns. En concreto queremos coñecer se primeiro se colocou na vivenda un tubo de 110 mm e logo foi substituído por un de 200 mm, se foi colocado este último pola empresa adxudicataria da obra ou por persoal do concello e tamén o custo que tivo esta actuación, tanto en materiais como en tempo de traballo, e por quen foi afrontado dito custo.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Unha festa pola defensa do galego.

Centos de rapaces participaron onte das distintas actividades do Correlingua.

O Correlingua desembarcou na cidade do Lérez acompañado dun bo número de alumnos de diversos centros da comarca coa firme convicción de poñer en valor a nosa lingua. A prol do galego, os cativos brincaron, correron, e xogaron nunha multitudinaria festa que rematou coa entrega de libros en galego a todos as escolas. Na Praza da Ferrería unha charanga e un dragón daban a benvida aos nenos que lucían pancartas feitas por eles mesmos con frases que animaban a gozar do tempo libre en galego porque ?mola máis?, espetaban a quen lle preguntaba. Unha vez que xa estaban todos concentrados na Ferrería, deuse o pistolezao de saída á marcha. Centos de rapaces recorreron o casco urbán pontevedrés, cunha ampla sonrisa no rostro, animando aos peóns a que falen sempre en galego.

Entrega de libros
Ao volverse reunir no centro neurálxico do Correlingua, un representante do colexio de Pontecesures leu o mellor manifesto pola defensa da nosa lingua. Un discurso que mereceu o premio Correlingua 2015. Antes de recibir o saúdo do alcalde da capital, os cativos quedaron abraiados co marchoso ritmo de Bocinazo, cunha canción, como non, en prol do galego. A cita contou por suposto con actividades lúdicas moi diversas dirixidas a divertir aos participantes, nas que a música e o humor non faltaron. Como colofón do acto soltáronse unha morea de globos baixo unha atronadora ovación e dos cánticos: o galego, a nosa creación. Antes disto, representantes das librerías locais fixeron entrega, como xa é tradición, a cada un dos centros educativos participantes dun lote de libros en lingua galega.

La Voz de Galicia