â??Facundoâ?�, montado polo cesureño Marcos Ferro, revalida a â??poleâ?� no circuito de burras.
En primero termo, o burro â??Facundoâ?�
Centos de persoas volveron onte a ateigar o entorno do campo da festa de San Roque do Monte en Deiro (Vilanova) para presenciar a máis singular competición de velocidade do municipio: A tradicional carreira de burras que este ano alcanzou a edición 114 e puxo nas liñas de saída das dúas probas unha ducia de monturas.
Na categoría de xinetes masculinos, o animal â??Facundoâ?�, dirixido por Marcos Ferro, volveu revalidar o título de campión ao que accedera merecidamente xa o ano pasado e afianzando unha nova etapa de dominio tras anos coa primera praza monopolizada pola lendaria â??Ferrariâ?�.
Na segunda carreira, coas amazonas, obtivo o ouro â??Felipeâ?�, coas rendas a cargo de Pati.
A carreira dos homes foi moi rápida e disputada, especialmente entre os dous primeiros â??bólidosâ?�. O burro â??Misterioâ?�, con Pablo Muñiz, volveu a estar na disputa polo título, quedando en segundo lugar, a pouca distancia. A terceira praza foi para â??Gitanoâ?�, con Alejandro.
Na modalidade femenina, a carreira foi bastante menos lixeira, interrumpida máis veces por algún que outro animal que, como é habitual, negouse en redondo a seguir correndo e precisou do empurre de varias persoas para saír destes â??boxesâ?� improvisados e volver á competición, algo que non fixo máis que espertar o bo humor da multitude.
Tras o burro â??Felipeâ?�, entrou na meta en segundo lugar â??Rominaâ?�, con Sheila ás rendas; e logo â??Carmiñaâ?�, conducida por Eva Gómez.
Ao final, entrega de premios, con representación institucional do Concello. Os gañadores fixéronse con 100 euros e os segundos e terceiros con 75 e 50 respectivamente. Todas as monturas tiveron o seu saco de penso.
Desde a comisión de festas, composta por uns quince mozos, José Benito López, valoraba con satisfacción o evento, que segue adiante pese a que a crise obriga a traballar â??por tresâ?� para sacar adiante o programa, que lograron manter.
A cita concluía con xogos para os nenos e verbena logo con â??Palladiumâ?� e â??Marbellaâ?�.
DIARIO DE AROUSA, 03/09/13

