A retirada tivo lugar no día de hoxe, se ben é certo que, a preguntas do oposición, o goberno local no pleno ordinario do 24 de setembro xa anunciara que ía procederse á retirada por parte do titular do establecemento de hostalería. Tamén anunciou o goberno local que tiña prevista a elaboración dunha ordenanza que regulara as ocupacións da vía publica con mesas e cadeiras, toldos, etc…para evitar este tipo de situacións.
Lémbrase que a ocupación, sen licenza, comezou en xullo pasado, con numerosas queixas da oposición pola pasividade do goberno local consentindo unha ocupación con postes fixos ata o límite da berarrúa sen deixar paso áos veciños que se vían na obriga de ír pola estrada de adoquíns ou pasar por baixo do toldo e das mesas e cadeiras.







