Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.910

Deportes

As Torres gaña o Campionato de España Infantil de 3.000 metros.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

O Náutico Pontecesures é subcampión, e Manuel Fontán, do Náutico Muíño de Ribadumia, cólgase o ouro no C-1.

Produtivo desprazamento o afrontado por boa parte dos clubs arousáns de piragüismo ao encoro asturiano de Trasona a pasada fin de semana. Dous días con sendas competicións de primeiro nivel para o groso das novas promesas dos principales equipos da Península, coa disputa o sábado da Copa de España de Cadetes de 1.000 metros, e o domingo do Campionato de España Infantil de 3.000 metros; segunda e terceira probas das cinco que compoñen esta tempada o calendario da Liga Nacional de Jóvenes Promesas, e que tras a pasada fin de semana colideran o As Torres-Romaría Vikinga e o Náutico Sevilla con 309 puntos.

O equipo catoirense fíxose co título de clubes na cita dominical cun total de 1.066 puntos, en dura pugna co seu veciño Náutico Pontecesures, subcampión de España con 1.041. O Náutico de Sevilla, con 983, pechou o podio, co Breogán do Grove oitavo con 699 e co Náutico O Muíño de Ribadumia vixésimo sexto con 334.

Curiosamente, foi este último o único dos catro coletivos arousáns en celebrar un título individual. O de Manuel Fontán Señoráns. O canoísta zurdo colgouse o ouro en Infantil A, só nove meses despois de facer dobrete no Campionato de España Infantil de Verán sobre 1.000 metros no C-1 e no C-2. En Trasona, o padexeiro do Muíño gañou con rotundidade en 14.02.570 e 16,550 segundos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, Cayet García de la Borbolla, do Náutico de Sevilla.

Tamén no Nacional Infantil de 3.000 Javier Ordóñez Muñiz, tamén canoísta e zurdo, fíxose coa prata na categoría B, a de primeiro ano, a 19 segundos do campión, Eduardo Saldaña, do Alberche.

Un día antes, o sábado, o As Torres-Romaría Vikinga disfrutaba xa da segunda praza na Copa de España Cadete de 1.000 metros con 272 puntos, polos 432 do Náutico de Sevilla. O Piragüismo Illa foi o outro conxunto arousán en finalizar no Top Ten, oitavo con 162 puntos. A nivel individual, sinalar as cinco medallas da representación da comarca, coa prata de Aldara Merino Figueira, das Torres, no K-1 Cadete B á fronte, a tan só 260 milésimas de segundo da campioa, Alba Juanes, do Sicoris. María Pérez Aragunde, do Muíño, fíxose co bronce no C-1 Cadete B, o mesmo có C-2 do P. Illa con Yerai García e de David Mochales, e do K-4 feminino das Torres. O C-4 masculino do Pontecesures foi pola súa banda segundo.

Sociedade

Parada de Servicio de Pontecesures.net

Por Antonio Cortés ·

Dende o pasado Venres ata hoxe non tivemos acceso a Pontecesures.net por un problema no servidor, pasou a mellor vida, eso unido á falta de “dilixencia” no servicio no que está alugado o servidor (un servidor propio), fixo que o que debería ser unha parada casi “invisible” a non ter ningún tipo de servicio durante varios días.

img_2729

Ante todo, non podo máis que disculparme por este problema, non estaba nas miñas mas amañalo e non podía máis que esperar, ainda que non faltaron correos electrónicos, chamadas … ó proveedor para que se amañase en tempo e forma.

Tras visto o visto, o proveedor non é malo (strato), pero si ten uns procedementos realmente “lentos”, en breve farei a “migración” (Cambio a un novo servidor), e será algo que non se notará (non teremos a web caida durante a migración).

Non podo máis que disculparme pola caida do servicio ….

un saudiño dende Sevilla,

Antonio Cortés

Festas

Mitín de TeGa en Pontecesures.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Será o venres día 8 de maio, ás 20:30 horas, no Pub Deluxe (na Factoría, preto da Estación de Ferrocarril).

Falarán:

-Guillermo Sánchez Fojo, secretario xeral de TeGa.
-José Manuel Barral Piñeiro, nº 3 da candidatura.
-Jorge Janeiro Cortés, nº 2 da candidatura.
-Ángel Manuel Souto Cordo, candidato á alcaldía.

Ao remate servirase un viño galego aos asistentes.

Cultura

O PROGRAMA DE DINAMIZACI?N DA LECTURA ??LER CONTA MOITO? VOLVE DE NOVO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

LER CONTA MOITO

O programa LER CONTA MOITO, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos, vén de novo a Pontecesures. Deste xeito, coincidindo coa semán previa ao día das Letras Galegas, levaránse a cabo durante o mes de maio as seguintes actividades de lectura deste programa na Biblioteca Municipal de Pontecesures:

O luns 11 de maio: ??Intres? da compañía O sono do rato, dirixida a alumnos de educación infantil.

O martes 12 de maio: ??A ciencia é divertida? da compañía Nita, dirixida aos nenos/as da Escola Infantil Municipal (0-3 anos).

O mércores 13 de maio: ??Contos susurrados (?rase unha vez)? de Fátima Fernández, dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria.

O xoves 14 de maio: ??Contos do mundo? de Solidaridade Internacional, dirixida a alumnos de 3º e 4º de primaria.

O venres 15 de maio: ??Conto contigo? de Expresión producións, dirixida a alumnos de 1º e 2º de primaria.

Estas actividades realizaránse en horario de mañán en coordinación co CPI de Pontecesures.