El viernes, 30 de diciembre, a las 13 horas, se servirá el aperitivo en la Casa Consistorial de Pontecesures con motivo de la celebración de estas Fiestas de Navidad y Fin de Año.
Hoxe, 26 de decembro, reúnese a Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación de Pontecesures.
A sesión desta comisión informativa será ás 13:15 horas coa seguinte Orde do Día:
1. Acta anterior.
2. Regulación dos prezos públicos por servizos promovidos polo Concello e Pontecesures en áreas de cultura, deporte, xuventude e servizos sociais.
Churros “a fartar” no Bar Galicia na noite de fin de ano.
Na noite do 31 de decembro instalarase a habitual churrería do Bar Galicia fronte ao local, na rúa José Novo Núñez de Pontecesures (N-550). Despacharase así chocolate con churrros durante toda a noite no establecemento. Tamén servirase o chocolate e os churros para levar.
O Furia, co seu campo clausurado, xogará catro encontros en Pontecesures.
O Campo de Fútbol “Ramón Diéguez” será o escenario dos partidos de fútbol do Furia Athletic Club de Campaña (2ª Rexional) a celebrar o día 24 de decembro de 2011 e os días 8, 15, 29 de xaneiro de 2012. O peche do campo de Campaña por foi decretado polo Comité de Competición da Federación Galega de Fúbol.
Mediante decreto da alcaldia, o Concello de Pontecesures autorizou nestes días o uso das instalacións municipais, previa petición do club do municipio veciño.






