Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.125

Deportes

Camila Morison non estivo na Festa da Bicicleta de Pontecesures.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Razóns persoais, segundo se explicou ao remate da festa, impediron a presenza da deportista do Club Náútico que obtivo a medalla de bronce en piragüismo nos recentes Xogos Olímpicos da Xuventude. Lémbrase que o goberno local de Pontecesures anunciou nos medios de comunicación hai días que Camila ía abrir a marcha dos ciclistas como homenaxe.

No evento, celebrado con bo tempo, participaron unhas 75 persoas entre nenos e maiores sendo sorteada unha bicicleta entre os ciclistas.