Aprobación do Plan de Investimentos e Gastos Correntes para o ano 2012
A Xunta de Goberno local aprobou no día de onte, venres 26 de outubro de 2012, o Plan de Investimentos e Gastos Corrientes para o ano 2012 da Deputación de Pontevedra por unha cuantía de 156.651,27 ?.
O 30% desta cuantía, 46.989,32? destínase a pagar Gastos Correntes.
O restante destinase as seguintes inversións:
1) Actuación de Aforro enerxético en edificios municipais por unha cuantía de 59.160,47?.
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de Aforro enerxético en distintos edificios de titularidade municipal (campo de futbol, biblioteca, escola taller, clube náutico, praza de abastos, pavillón de deportes, protección civil, casa do concello, centro social, local xuvenil e ximnasio, luces exteriores e edificio administrativo do Colexio.)
A actuación prevista consistirá na substitución dun importante número de elementos da iluminación existente en distintos edificios municipais, cambiando as lámpadas incandescentes, de haloxenuros e os tubos fluorescentes por lámpadas e tubos led de baixo consumo. O aforro estimado con esta actuación e dun 75-80%.
O equipo de goberno pretende utilizar este aforro en investimentos no ano 2013.
2) Actuación de reparación e mellora na rede de saneamento por un importe de 24.066,59?
O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha obra consistente en diversa actuacións de reparación e mellora de elementos da rede de saneamento pública do concello. A obras previstas realizaranse en diversos puntos da rede de saneamento, en concreto:
A) EDAR Pontecesures
- reparación de 3 bombas
- reparación do peine de desbaste
- substitución electrodo de PH
- sustitución sonda de medición de osíxeno
- bomba de recirculación de fango
B) Bombeo en Pontilliña
- Limpeza arenero e pozo
- Reparación do cadro eléctrico
- Sustitución de 3 equipos de bombeo
C) Bombeo en Calera
- substitución de 2 equipos de bombeo
- limpeza de pozos
D) San Xulián
- limpeza de pozos
3) Acondicionamento da praza no Camiño dos Acevedos por un importe de 26.428,23?
As obras previstas consistirán, por unha banda, na ampliación da zona de xogos, a costa de reducir a zona pavimentada en lastros, na supresión dun dos alcorques, na recolocación de dous dos bancos existentes e a formación dun novo alcorque de dimensións máis pequenas que o que se suprime.
Por outra banda, prevese instalar na zona de nenos 3 xogos infantís (un columpio dobre e dous balancíns sinxelos), un valo perimetral de madeira, un cartel informativo e un chan de area grosa con capacidade absorvente.
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado a actuación da coral Polifónica de Padrón.
A programación musical de Outono comeza este sábado 27 de outubro, ás 20:00 horas, coa actuación da coral polifónica de Padrón. Este evento está organizado pola Asociación Cultural Pedra do Fuso, en colaboración co Concello de Ames, e desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns. A coral de Padrón está formada por trinta e oito membros e da dirección encárgase Don Santiago López Blanco. Esta actuación encádrase dentro da programación anual que realiza a Asociación Cultural Pedra do Fuso ao longo do ano. O vindeiro sábado 17 de novembro celebrarán o Magosto. Ademais, todos os anos organizan unha festa de Entroido e unha ruta polo contorno ambiental do municipio.
A Coral Polifónica Padronesa fundouse a comezos do ano 1987, como unha actividade da Sociedade Cultural Padronesa por mor da inquietude dun grupo de socios que compartían a afección do canto. Dende a súa fundación, este grupo de amigos actuaron en concertos, misas e vodas de diversas parroquias, vilas e cidades de Galicia, Asturias, León, Madrid e Portugal. Ademais, esta Coral ven organizando unha serie de eventos ao longo do ano como son o festival de polifonía e panxoliñas Vila de Padrón, o festival de Santa Icía, e dende o ano 1.997 organizan o festival “Cantando a Rosalía”, que se realiza a semana das Letras Galegas.
A coral polifónica de Padrón está formada por trinta e oito membros e da dirección encárgase Don Santiago López Blanco. O seu repertorio abrangue diversos xéneros de música: clásica, relixiosa, popular, habaneras e un amplo abano de obras galegas, entre elas varios temas de Rosalía de Castro.
Esta coral pode presumir de dispor varios premios e recoñecementos. En abril de 1999, a Irmandade Fillos e Amigos de Padrón, fíxolle un homenaxe á Coral, concedéndolle a Medalla de Ouro e o diploma acreditativo. Por outra banda, a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña, concedeulle a varios dos seus compoñentes a Medalla de Prata ?Premio Marcial del Adalid?. Por último, co gallo do XV aniversario da súa fundación, gravaron un CD con 20 obras escollidas do seu repertorio. Ademais, este ano con motivo de tal aniversario o Concello de Padrón e a sociedade cultural Padronesa obsequiou aos membros desta coral cunhas placas conmemorativas.
EL CORREO GALLEGO, 27/10/12
La comarca del Sar tendrá un grupo de atención a emergencias.
Los concellos de Padrón, Rois y Dodro firmarán en breve un convenio con la Xunta y con la Diputación de A Coruña para un proyecto piloto de funcionamiento de un grupo local de atención a las emergencias y medio ambiente, que estará formado por un total de diez personas, siete peones y tres jefes de equipo. El servicio funcionará hasta el 30 de diciembre, con disponibilidad las 24 horas del día y coste cero para los tres ayuntamientos, según desveló el alcalde padronés, Antonio Fernández, en el pleno que la corporación de este municipio celebró en la tarde-noche del jueves.
La constitución del grupo de atención a las emergencias y medio ambiente se enmarca dentro del Consorcio de Servizos Locais Terras de Iria y, en principio, está previsto que tenga su sede en Padrón, en la base de Protección Civil. Una vez firmado el convenio, los concellos harán públicas unas bases para la contratación del personal.
En cuanto al pleno ordinario, pese a tener un orden del día con 22 puntos, no se alargó demasiado, y eso que los grupos políticos de la corporación abordaron una gran variedad de asuntos municipales. Entre ellos, dos acuerdos adoptados por unanimidad relacionados con el conflicto de la basura, de modo que el pleno aprobó el cese de la intervención del servicio desde el 31 de agosto, fecha en la que dejó de realizar la recogida de residuos la empresa a la que el Ayuntamiento le rescindió el contrato. El pleno también decidió inhabilitar a dicha firma para contratar con el Concello padronés.
La sesión declaró, además, la no disponibilidad de crédito para abonar la paga extraordinaria del personal al servicio del Ayuntamiento, que suma casi 73.000 euros, algo que los grupos de la oposición votaron en contra por no estar de acuerdo con los recortes del PP.
LA VOZ DE GALICIA, 27/10/12


