Rosario Lestido Gerpe e Antonio Bernal González, contratados como auxiliares de xardinería

Despois da entrevista realizada esta mañán, o tribunal realizou as cualificacións. Rosario Lestido Gerpe (9,60) e Antonio Bernal González (9,5o) foron os auxiliares de xardinería seleccionados.
Son  contratados por cinco meses en xornadas de 6 horas dentro dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia. Empezarán a traballar o día 1 de agosto.

Peche da Biblioteca Municipal durante o mes de agosto

Os usuarios poderán acudir á Aula Dixital instalada nos baixos do Concello

Durante o vindeiro mes de agosto, a Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures permanecerá pechada por vacacións da traballadora que se ocupa da mesma. Nesta ocasión non foi posible manter o servizo, como habitualmente se facía, con persoal contratado pola Xunta través do Programa de Cooperación, xa que foron recortados dun xeito brutal as prazas convocadas.
Ante esta situación, o Concello de Pontecesures pon a disposición dos usuarios da biblioteca municipal a recentemente creada Aula Dixital, situada nos baixos da Casa do Concello.

Nota da ACP sobre o alumeado das rúas centrais de Pontecesures.

Xa hai tempo que se lle solicitou ao goberno local de Pontecesures a adopción de medidas para aforrar consumo de enerxía eléctrica no alumeado das rúas centrais da vila que teñen moitos puntos de luz e moita intensidade. Obviamente, nestes tempos de crise é necesario buscar solucións para baixar os gastos correntes do concello

Se nos contestou nun pleno que se están a realizar estudos para realizar investimentos para baixar o consumo do alumeado (luminarias de baixa intensidade ou outros elementos), pero o certo é que o tempo pasa e nada sabemos das actuacións a realizar.

Pero é que, áinda por enriba, obsérvase neste verán, que o alumeado das rúas centrais ponse en marcha moi cedo (aínda hai luz diurna dabondo) e apágase polas mañás moi tarde (xa hai luz diurna suficiente). Non só non se aforra, senón que non se controla o gasto regulando debidamente o funcionamento do alumeado gastándose máis cartos. Istos detalles son percibidos pola veciñanza que critica a deficiente xestión municipal no emprego do diñeiro de todos.

Polo exposto, solicítase que se adopten medidas para que o alumeado das rúas centrais se poña en marcha e se apague cando realmente se necesite co correspondente aforro para as arcas municipais.

Pontecesures, 28/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

El cura que no dejó comulgar a una mujer discapacitada en Padrón pide disculpas a la familia

Ramón Barral reconoció que fue «un error» y que dará la comunión a la vecina de Padrón cuando desee recibirla

«Disculpas aceptadas». La familia de Mónica Suárez Vidal, la mujer de 32 años con discapacidad vecina de la parroquia de Cruces, en Padrón, aceptó ayer en su casa de la aldea de Tarrío las palabras de perdón que le ofreció el cura Ramón Barral -en un gesto que le honra- por haberse negado a darle la comunión a su hija durante la celebración de una misa en la capilla de Bascuas.

Con ello, la familia considera que «todo queda arreglado» y solo lamenta que no se disculpara «antes, cando o chamaron a primeira vez dende o Arzobispado», según explicó la madre de la mujer, Ernestina Vidal, quien dice que, de hacerlo, no haría público lo sucedido «xa que a min non me gusta andar nos medios». Según la madre de Mónica Suárez, el sacerdote reconoció que fue «un error» lo que hizo y que pensó en «disculparse antes», pero que no se atrevió o eso es, al menos, lo que le pareció a Ernestina Vidal.

Ramón Barral acudió a la casa de la mujer acompañado del párroco de Padrón e Iria-Flavia, Roberto Martínez, y ambos le trasladaron a Ernestina y a su marido «todo el apoyo y cariño, tanto en nuestro nombre como en el de la Iglesia, hacia las personas discapacitadas y sus familias», según contó el segundo sacerdote. Barral rehusó realizar declaraciones más allá de señalar que, por él, «todo queda arreglado también». El sacerdote lleva 33 años en la parroquia de Santa María de Cruces y todos coinciden en señalar que «nunca lle pasou nada como isto nin parecido».

La madre de la mujer discapacitada explicó, además, que el cura de su parroquia les dijo también que «cando quixéramos ir coa rapaza a recibir a comunión que fóramos, que el lla vai dar», algo que deja satisfecha a esta mujer, que decidió denunciar públicamente los hechos por considerarlos una «discriminación» hacia su hija y hacia las personas con discapacidad.

Conversación cordial

Por su parte, el cura de Padrón e Iria-Flavia aseguró que su compañero se disculpó con la familia de Mónica Suárez «con humildad y de corazón», en una conversación que calificó de «muy cordial, sin reproches» y que, en su opinión, evidenció que ambas partes «tenían muchas ganas de arreglar el asunto». Roberto Martínez también desveló que el sacerdote lo estaba pasando «muy mal» por todo lo sucedido con una familia feligresa de la parroquia, a la que Ramón Barral se puso ayer «a su disposición».

LA VOZ DE GALICIA, 29/07/12

Poxa xudicial de 36 pisos en Pontecesures.

No Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Caldas de Reís séguese a execución hipotecaria 149/2011 de reclamación de cantidade por parte de Novagalica Banco contra Fincas Cesures S.L e así o día 4 de outubro de 2012, ás 10:30 horas, terá lugar esta poxa de 36 vivendas da Urbanización “O Rial” nas dependencias do xulgado antedito.
Sobre os requisitos para participar (prezos de saída, superficie dos pisos, avales, subrogación hipotecaria, etc..), pódese consultar o anuncio do xulgado exposto no taboleiro da Casa do Concello de Pontecesures ou interesarse polo expediente no propio Xulgado de Caldas.