Precisións sobre o reloxo da Plazuela que foi mercado polo concello.

Para ter unha opinión máis fundamentada vou facer un pouco de historia do asunto do reloxo da Igrexa de Pontecesures. En 1999, xa ocupando o cargo de alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, e gobernando o tripartito BNG/ACP/PSOE, houbo una iniciativa (moi boa, por certo) dos concelleiros socialistas Enrique José Herránz Grela e ?scar Gerpe Rodríguez para mercar un novo reloxo, xa con tecnoloxía moderna, porque o vello xa levaba moito tempo sen funcionar. Abriuse unha conta, e o reloxo penso que se financiou totalmente con donativos de empresas e comercios. Mercou o reloxo o concello con estes cartos na Reloxería Pagán de Vigo e con factura emitida a nome do concello. Lembro que o novo reloxo inaugurouse na fría noite de fin de ano de 1999, cunha festiña organizada polo concello con uvas na Plazuela para recibir o novo século e un cartel luminoso na fachada da igrexa que dicía: ??Feliz ano 2000?.
Con posterioridade, nalgunha ocasión, estando no goberno, chamei eu á reloxería de Vigo, porque nos cambios de hora de abril ou outubro o reloxo non correxía os adiantos ou atrasos da hora nas agullas de xeito automático. Viñeron aquí técnicos de dita reloxería e corrixiron a situación.
Agora temos a avaría e xa se nos presenta a seguinte dúbida: ¿De quen é o reloxo?. Penso que é unha discusión irrelevante porque este reloxo exterior é util para os feligreses en particular e para todo o pobo ao estar na Plazuela. Así o concello debe intervir neste tema para que se arranxe o reloxo xestionando co párroco a mellor solución para todos. Non debe darse esta situación de abandono nin un día mais.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Non se arranxa o reloxo da Plazuela.

Máis de dous meses leva avariado o reloxo situado na Igrexa de Pontecesures coas agullas marcando calquera hora. A verdade é que o reloxo é de utilidade para todos, e moitos veciños non comprenden porque non se arranxa. Esperemos que ou o concello ou a parroquia fagan as xestións oportunas para que se corrixa a avaría. Resulta moi negativo este abandono e dase realmente unha mala imaxe da vila.

O 28 de xullo, xantar anual da peña de quinielas do Bar Mambís.

A peña de quinielas e outos xogos de azar “Más vale tarde que nunca” con sede no Bar Mambís de Pontecesures celebrará o xantar anual de asociados o 28 de xullo, ás 14:30 horas, nunha carpa situada a carón da rúa Patifas. O menú é o seguinte:
-Empanada.
-Polbo a fartar.
-Churrasco de porco e de tenreira.
-Postre, café e chupitos.
O prezo é de 35 euros por persoa.

O prazo para anotarse no xantar a para darse de baixa na peña, remata o 23 de xullo.

Abellán, de la comisión de cercanías Vilagarcía/Santiago, al Museo del Ferrocarril de Madrid.

Carlos Abellán Ruiz dio un paso importante en su trayectoria profesional y social en el ámbito ferroviario al asumir la dirección del Museo de Ferrocarril de Madrid. Hoy toma posesión de su cargo en sustitución de Miguel Muñoz. La actividad de Abellán al frente de la Federación Española de Amigos del Ferrocarril, su erudición en la materia y sus múltiples iniciativas y actuaciones a nivel social han inducido al patronato de la Fundación de Ferrocarriles Españoles a otorgarle la dirección.

En la fundación están representados el Ministerio de Fomento, el ADIF y una larga serie de instituciones relacionadas con el ferrocarril. Abellán era miembro en ella de la Comisión de Puesta en Valor.

Carlos Abellán, que lleva 40 años en Renfe y ADIF y es un apasionado del tren, asume el cargo «con enorme satisfacción» y como un nuevo e importante reto en su larga vinculación con el ferrocarril. En sus manos está la gestión y recuperación del patrimonio histórico ferroviario. El nombramiento es por un plazo indefinido. Una de las primeras iniciativas del nuevo director será la visita al histórico Tren de la Fresa en su Aranjuez natal.

LA VOZ DE GALICIA, 12/07/12

Un ciclo de cine para formar os nenos de Valga en valores.

O Concello de Valga, dentro do programa Valga lúdica e saudable, acollerá este verán no Auditorio municipal o Cliclo de Cine con Fondo. Trátase duna serie de proxeccións para que os nenos de Valga se formen en valores. Cada martes durante os meses de xullo e agosto ás 10.30 horas, visionaránse obras como Azur e Asmar, Kirikú e as bestas salvaxes ou Happy Feet. Este ciclo cinematrográfico promovido polo Fondo Galego de Cooperación -do que o Concello de Valga é socio-, dentro do seu Plan de Sensibilización 2012, busca a educación para o desenvolvemento e que os nenos vexan as interrelacións entre as partes do mundo, fomentando valores como a paz, a solidaridade, a tolerancia, a xustiza social e a defensa do medio ambiente, tanto nas súas vidas como na súa contorna.

LA VOZ DE GALICIA, 12/07/12