Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.504

Sociedade

Burros e apaleados.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Aresposta á pregunta que os padroneses se fixeron na manifestación do venres é moi clara. Non, eles non teñen a culpa de que na Fundación Camilo José Cela primase o interese particular duns poucos sobre os da entidade. Son outros os que deberan rendir contas. Non só porque, no estado comatoso ao que chegou, a Xunta queira salvar o legado do Nobel levándoo para o Gaiás, que é o que encrespa aos veciños. Tamén, e sobre todo, por como cantos formaron parte desde 1998 do seu Patronato viñeron dándolles carrete aos que, tendo as chaves e a xerencia do complexo, utilizaban de maneira pouco ortodoxa os diñeiros que ano tras ano recibían. Mil millóns das vellas pesetas ata o 2000, e uns cincocentos máis ata que Fraga perde o goberno. A revista mensual Tempos Novos (Nov.1999) dérao a coñecer nun informe que deixou ao descuberto unha operación de enxeñeiría financeira en proveito exclusivo do matrimonio. Malia argumentala con todo tipo de documentos, os patróns da Fundación preferiron seguir ignorándoo todo. Marina Castaño e o seu director/xerente son o vértice dese monumental despilfarro, e do que para eles significou aínda en vida do Nobel a utilización da sociedade mercantil Lengua y Literatura AIE, creada en Madrid á sombra da fundación e sen consentimento do seu Patronato. Esta agrupación de interese económico, participada nun 20% pola agrupación privada Letra y Tinta SL, propiedade do matrimonio, era a que facturaba no nome da fundación, beneficiándose da devolución millonaria do IVE á que a entidade subvencionada non tiña dereito. A personalidade literaria e mediática do escritor tapou ata a súa morte as irregularidades e tamén as débedas que, pese aos 300 millóns anuais que chegaban a Padrón, se foron acumulando ata sumar na actualidade un cuarto de millón de euros. A total ausencia de transparencia, a manirrota xestión do citado dúo, e a irresponsable renuncia dos patróns a exerceren durante tantos anos o control sobre orzamentos e gastos, están detrás do que agora se entende por unha emerxencia.
Culpables, din os veciños? Por acción, os que teñen a chave desa casona con goteiras e conflitos laborais. Por omisión, as institucións que se relacionan, algunhas delas protectoras económicas canda o Ministerio de Cultura da fundación: a Xunta, a universidade de Santiago, as Deputacións, a alcaldía de Padrón, a fundación Barrié. E tamén os dous vocais elixidos polo Rei e outros sete elixidos polo presidente/presidenta consorte. Agora consúmase o estropicio. Porque volven ser os diñeiros públicos quen salven da degradación e das débedas á fundación do matrimonio Cela. Coa alevosa decisión de levar para o Gaiás o seu contido máis valioso, e sen abrir unha investigación previa que poña a cada quen no seu lugar. Ademais de burros, apaleados. Non só os de Padrón que, aparte de teren razón, deberan pedirlles tamén contas aos seus munícipes. Tódolos galegos.

Luis Álvarez Pousa. DIARIO DE AROUSA, 06/06/10

Sociedade

Protección Civil y Concello de Valga organizan talleres de seguridad viaria.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Están dirigidos a niños, jóvenes, adultos y personas con discapacidad, en el marco del proyecto “Educación viaria para todos”.
Es una inciativa que va a desplegarse en gallego, español e inglés y se imparte en los centros de enseñanaza, pero que en las vacaciones escolares se traslada al Auditorio Municipal de Cordeiro.

FARO DE VIGO, 05/06/10

Cultura

1.500 personas asisten a las actividades del Auditorio de Valga.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El Auditorio Municiapl de Valga hace balance de las actividades desplegadas en mayo y sus responsables dicen que por estas instalaciones parasaron 1.500 personas. Destacan actividades como los cursos de tratamiento del suelo y poda en verde, los talleres de educación viaria y ciclo de agilidad mental y prácticas de memoria dirigidas a los colectiovos de mujeres rurales “Albor” y “A Eira”. Esta úlitma actividad promueve ademá un curso de elaboración de abono ecológico.

DIARIO DE AROUSA, 05/06/10