Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.635

Emprego

Recreación da batalla de Casal do Eirigo o sábado 27 de abril.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Será a partir das 17:30 horas e os veciños valguesas librarán unha loita contra as tropas invasoras de Napoléon. Na “Capela da Saúde” desfilarán os participantes, as tropas pasarán revista e izaranse as bandeiras. A recreación da batalla acapara toda a atención durante esa xornada, mentres que a peza teatral “Non pasarán” será interpretada pola Escola Municipal de Teatro e veciños de Valga.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 17/04/13

Emprego

O Concello de Pontecesures solicita os 12 traballadores para o Plan de Emprego da Deputación.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Como se indicou hai uns días a Deputación de Pontevedra asume o custo de 12 operarios en cada concello da provincia (contrato por seis meses con 25 horas á semana). O Concello de Pontecesures solicitou, ao parecer, seis peóns de obras, catro de xardinería e dous operarios de limpeza de edificios e locais.
Unha vez autorizada a petición pola Deputación, o Concello debe realizar as ofertas de desempregados que correspondan na Oficina de Emprego de Vilagarcía. Dende alí enviarán a Pontecesures unha preselección cunha listaxe de varios candidatos por praza. Corresponderá logo ao Concella a selección definitiva mediante a entrevista ou proba oportuna.
? importante que os aspirantes estean debidamente inscritos con profesión axeitada coma demandantes de emprego.