Mellora na seguridade do paso de peóns do Náutico.

Neste paso de peóns situado no peirao de Pontecesures (rúa Eugenio Escuredo), foron colocadas xa hai varios días dúas bandas no pavimento nas marxes dos paso de peóns, para que os vehículos minoren a velocidade co fin de que os deportistas que trasladan as embarcacións ao río estean máis protexidos. Considero moi positiva esta decisión do goberno local.
Nestes días estase a proceder ao repintado deste paso.

FESTAS DO SAN ROQUE EN BA?O-XANZA (VALGA) ESTE SÁBADO 13 DE AGOSTO

SÁBADO 13 DE AGOSTO
ÁS 9 DA MA?Á GRAN DISPARO DE BOMBAS ANUNCIANDO AS FESTAS
ÁS 10.30 H. PASARR?AS A CARGO DA BANDA DE GAITAS “DOMINGO FONTÁN” DE PORTAS.
ÁS 13 H. MISA SOLEMNE CANTADA POLO CORO DA ARMENTEIRA
SESI?N VERM? A CARGO DA BANDA DE GAITAS “DOMINGO FONTÁN”
A PARTIRES DAS 23H. SUPER VERBENA A CARGO DAS ORQUESTRAS
PRINCIPAL DE MONDO?EDO E LOS TROVADORES DA CORU?A.
? REMATALA FESTA HABERÁ CHOCOLATE CON BISCOITOS ATA FARTAR!

MARTES 16 DE AGOSTO : MISA CANTADA ÁS 12 DO MEDIODIA PARA CELEBRALA FESTIVIDADE DE SAN ROQUE.

NOTA : A COMISI?N DE FESTAS AGRADECE A COLABORACI?N PRESTADA ?S VECI?OS, CASAS COMERCIAIS E ? EXMO.CONCELLO DE VALGA

San Roque da Ponte 2011

Sábado, 13 de agosto:
A partir das 18 horas dará comezo o Campionato de Estornela (Memorial Pedro Jamardo “Jaitón”. Prégase que os equipos estean inscritos antes do día.

Domingo, 14 de agosto:
A partir das 18 horas continuará o Campionato de Estornela. Pola noite haberá carallada para todos.

Luns, 15 de agosto, Festa na honra da Nosa Señora:
-Ás 9 horas, gran disparo de foguetes anunciando as festas.
-Ás 9:30 horas, pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 11 horas, gran actuación de “El Show de los Payasos”.
-Ás 13 horas, I Poxa de San Roque e Ramos.
-Ás 14 horas, Sesión Vermouth
-Ás 18 horas, partido de fútbol Solteiros/Casados no Campo da Insua.
-De seguido, gran actuación de Vía XIX
-Ás 22 horas, gran verbena a cargo de 3.COM e ARENA

Martes, 16 de agosto, Festa na honra a San Roque:
-Ás 9 horas, gran disparo de foguetes anunciando o día grande das festas.
-Ás 9:30 horas, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 11:40 horas, saída do autobús do lugar de costume para asistir á misa que terá lugar en Iria.
-Ás 12 horas Festa Infantil no Campo da Insua.
-Ás 13,30 horas, Sesión Vermouth con actuación do grupo de Gaitas “O Pedrón”.
-As 17 horas. Continuación da Festa Infantil.
-Ás 18 horas, Cucañas con grandes premios donados po Joyería Riveiro.
-Ao remate das cucañas, xogos populares (saco, ovo, etc…) no Campo da Insua para todos os públicos.
-Ás 22 horas, verbena a cargo dos grupos CANELA e AM?RICA

Sáudo da Comisión de Festas da Ponte.

Un ano máis nos dispoñemos a levar a cabo as festas de Nosa Señora e Ssan roque seguindo a tradición que nos deixaron os nosos antepasados.
A comisión 2010/2011 quere agradecerlles a todos os veciños, anunciantes, ó concello e a todas as persoas que colaboraron con donativos a colaboración prestada para levar a cabo estas festas que organizamos con moito entusiasmo, co que esperamos que todos se sintan satisfeitos.
Por iso, esperamos que sexan do seu disfrute e agrado, e que a ilusión coa que a comisión comezou este proxecto servise para que a xente se anime e non se perda a ilusión das nosas tan ben queridas festas.

Julián Lorenzo López
José Andrés Quintáns Figueroa
Santiago Pardal Lapido
Álvaro Ruzo Campos
Ángel Rey García
Pablo Cascallar Vázquez
Patricia Buceta Martínez
Fernando López Santos
Adrián García Sueiro

¡BOAS FESTAS!