Varios domicilios quedaron sobre las 12:30 horas de hoy, 27 de noviembre, sin suministro de energía eléctrica (afectó a las rúas José Novo Núñez, Avda. de Vigo, rúa Ullán, Redondo, a los lugares de San Xulián e Infesta, etc..). También quedaron inoperativos los semáforos de la N-550. Hubo alguna anécdota en el Supermercado Moldes, pues la falta de energía eléctrica impedía cobrar los productos en caja.
Gas Natural Fenosa informó a este Ayuntamiento que la avería se produjo en Padrón. Sobre las 13:15 horas volvió el suministro.
La Xunta se niega a gestionar la guardería a pesar de acarrear al Concello un déficit de 104.000 euros.
Fachada trasera de la guardería municipal de Pontecesures, situada en la zona de Infesta.
La Xunta de Galicia no asumirá en 2011 la gestión de la guardería municipal de Pontecesures. La misma respuesta negativa que había recibido el Concello para 2010, se la acaba de reiterar el Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de cara al próximo año, una noticia que fue recibida con ??decepción? por el gobierno tripartito, especialmente teniendo en cuenta las cargas económicas que la escuela infantil supone para las arcas municipales. En 2009 el déficit fue de 104.139 euros, puesto que los ingresos se limitaron a 64.276 euros 31.136 recaudados en concepto de tasas de los usuarios y 33.140 de subvención de la Xunta. Mientras tanto, los gastos ascendieron a 168.416 euros, de los que la mayor parte (164.594) fueron de la facturación de la empresa adjudicataria y 3.821 de actuaciones municipales. Pero lo que es peor, el Ayuntamiento espera que las cuentas de 2010 sean todavía más negativas, puesto que descendió ??considerablemente? la ayuda autonómica, que pasó a ser de 30.302 euros, confirmaba ayer el concejal de Relacións Institucionais, Luis Sabariz.
??Se o Consorcio asumise a xestión, o aforro para o Concello en 2011 podería ser significativo?, apunta el edil, pero la respuesta que recibieron de la Xunta no da margen a las esperanzas: ??maniféstolle que neste momento o Consorcio ten pechado o calendario de novas aperturas e postas en funcionamento de escolas infantís para o ano 2011?. Pero esta no era la primera vez que el Concello solicitaba la incorporación de la guardería a la red ??Galiña Azul?. Ya lo había hecho el 27 de enero y la respuesta fue exactamente la misma, con las mismas palabras aunque sólo con un cambio de fecha. ??Limitáronse a un ??copiar e pegar? trocando as datas, sen dar explicación algunha?, lamenta Sabariz Rolán, que ayer mismo se dirigió por escrito a la gerente adjunta para escuelas infantiles del Consorcio, Carmen García Campelo, a la que reclama que ??se nos informe de cales son as escolas infantís que se van a asumir nese calendario para 2011, cal foi a data da solicitude de cada unha delas e cales foron os criterios utilizados para a toma de decisións?. Además le recuerda que la asunción de la guardería cesureña no supondría excesivos problemas para la Xunta puesto que ??é unha instalación de hai pouco tempo, está ben coidada e non precisaría realizar obras no recinto por parte da administración autonómica?.
A pesar de las cargas económicas que supone la guardería para la entidad local cesureña, el gobierno tripartito deja claro que a los vecinos que ??continuará volcándose en potenciar este servizo, fundamental para Pontecesures?, al tratarse de un municipio en el que residen muchas parejas jóvenes y que presenta un buen índice de natalidad. Además, indica Luis Sabariz, el de la escuela infantil es un servicio que ??ven prestándose a plena satisfacción ata o de agora?, por lo que cree que ??paga a pena facer este esforzo económico para un gasto social básico?, especialmente teniendo en cuenta que la guardería ??está moi ben valorada na nosa vila e na comarca?.
DIARIO DE AROUSA, 27/11/10
El Consorcio declina por segunda vez gestionar la escuela infantil cesureña.
El tripartito solicitó la adhesión a la red de A galiña azul por razones económicas
El Consorcio Galego no se hará cargo de la gestión de la escuela infantil de Pontecesures en 2011. Así lo trasladaba la gerente adjunta para escuelas infantiles, Carmen García, en respuesta a la solicitud cursada por el Concello. En el escrito, el Consorcio recalca que “nestes momentos está pechado o calendario de novas aperturas e postas en funcionamento de escolas infantís para o ano 2011”. Esta es la segunda vez que el Consorcio declina hacerse cargo de la gestión de la escuela infantil pontecesureña (en 2010 también se excusó, según el gobierno local).
Para el ejecutivo pontecesureño esta negativa “é decepcionante e terá a súa repercusión económica no futuro”. Y es que según explica el edil de Relaciones Institucionales, Luis Sabariz, el coste de la escuela infantil es gravoso para las arcas municipales. No obstante, señala que el gobierno municipal “quere trasladar aos veciños que continuará volcándose en potenciar este servizo de gardería, fundamental para Pontecesures”.
Sabariz recalca que las cuentas son claras. En 2009, el coste del servicio de la escuela infantil fue de 168.416 euros, de los que 164.594 euros corresponden sólo a la facturación de la empresa adjudicataria del servicio y los 3.821 euros restantes a actuaciones municipales. En ese mismo año, los ingresos tan sólo fueron de 64.276 euros (31.136 euros de tasas de los usuarios, y 33.140 euros de la subvención autonómica). El coste para las arcas del Concello fue de 104.139 euros. “Cando acabe este exercicio, o custe pode ser aínda máis elevado”.
Reducción
El concejal de Relaciones Institucionales señala que la subvención autonómica para este ejercicio “diminuíu considerablemente”, pasando de los 33.140 euros a poco más de 30.000 ?. “Se o Consorcio Galego asumise a xestión da instalación, o aforro para 2011 podería ser significativo para o Concello, segundo as conversas mantidas coa institución a principios de ano”, dice Sabariz. Pese a esto, el ejecutivo se compromete a mantener la calidad de la guardería y a “facer un esforzo económico para un gasto social básico”, recalca el concejal pontecesureño.
EL CORREO GALLEGO, 27/11/10
O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar rexeita de novo facerse cargo da gardería cesureña.
O goberno local de Pontecesures amosou onte o seu descontento pola decisión do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de rexeitar por segundo ano a solicitude municipal de integración da gardería cesureña na rede autonómica de escolas infantís A Galiña Azul, as antigas galescolas. Unha medida que, explicaba onte o concelleiro de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz Rolán, obrigará a seguir botando man dos cada vez máis escasos recursos das arcas locais para cubrir un servizo público que no 2009 supuxo o desembolso de 104.139,08 euros dos fondos municipais, cun custe total de 168.416,04 euros.
Sabariz lembra que «con data de 27 de xaneiro do 2010 solicitouse por escrito que a xestión da Escola Infantil de Pontecesures fose asumida polo Consorcio, informando de que era unha instalación de pouco tempo, ben coidada, e que non precisaría de obras no recinto. O 4 de febreiro contestóusenos que o Consorcio tiña pechado o calendario de novas aperturas e postas en funcionamento de escolas infantís para o ano 2010», pero que a petición de Pontecesures «sería tida en conta para a planificación e programación nas vindeiras anualidades».
O día 13 deste mes o Concello voltou cursar a petición, dándoselle a mesma contestación, pero referida xa ao 2011. Así as cousas, Sabariz vén de pedirlle ao Consorcio «que nos informe de cales son as escolas infantís que van asumir no 2011, cal foi a data de solicitude de cada unha e os criterios para a súa selección.
LA VOZ DE GALICIA, 27/11/10
Roxa e Marela fuxiron do público.
Roxa e Marela, os dous exemplares de rubia galega do Ferreiro de Senín, chegaron tarde á súa cita coa sementeira en Cordeiro. Non tiñan moitas gañas de abrir regos na finca coñecida como Porranllo este ano deixouse descansar ao Pradiño. Fixeron o amago, pero ante tanto público que as agardaba con ansia especialmente os rapaces, entre os que algún preguntaba ??¿pódese subir enriba dunha vaca??, fuxiron escopeteadas cara a parcela do lado e o seu dono tivo que abortar a misión ante o risco de que o enfado dos animais fose en aumento. ??Están un pouco nerviosas?, explicaba o Ferreiro de Senín, ??ao ver tanta xente aquí puxéronse un pouco ariscas?. Ademais, non están acostumadas a traballar e, para máis, a Marela era a primeira vez que participaba na sementeira. ??Están afeitas a andar pola leira adiante sen que lles moleste ninguén?, engadía o Ferreiro. Aínda que unha muller atopaba outra explicación á ??espantada? das reses: ??Ás vacas pásalles o mesmo que á xente, que ao non traballar collen moito vicio?.
Este pequeno inconvinte non impideu, nin moito menos, que o trigo se prantase. ?nicamente obrigou aos membros da asociación de maiores ??Axentiva? a facer un esforzo un pouco maior para botar primeiro a semente seguindo as ponlas de salgueiro que facían de guías e logo tapala con terra axudados de sachos. Entre estes ??mestres? das tradicións agrarias de Valga atopábase, un ano máis, Pepe ??O Rato?, que aos seus 92 anos o día 2 de decembro cumprirá 93 acudiu con legoña e todo. ??Moita legoña e pouco home?, ironizaba antes de comezar a tarefa, cando os corpos non entraran en calor e aínda se sentía o frío da mañá de Ferreirós.
O traballo dos maiores foi seguido, máis atentamente por uns que por otros, polos arredor de 120 rapaces dos colegios Xesús Ferro Couselo de Cordeiro, o de Baño, e Agro do Muíño, do municipio de Ames, que desprazou ata Valga a uns corenta alumnos de quinto curso de Primaria. Na malla do ano pasado xa participaran un grupo de estudantes deste mesmo centro, pero de sexto, e a intención é que ano tras ano poidan presenciar as distintas fases do proceso do trigo. ??Moitos dos nenos son de cidade e non saben nada? sobre estas tradicións, explicaba a mestra María Dolores Carracedo, que engade que nos últimos días lles explicaron no colexio en que consiste a sementeira. Iso sí, os rapaces sabían perfectamente o que lles interesaba: ??están ilusionados con ver as vacas?.
E como xa é costume nestes Encontros Interxeracionais de Valga, non faltou a ambientación, que de novo estivo comandada polas pandereteiras máis veteranas de Moldes, as irmáns Maruja e Olga Tarrío, que interpretaron coplas que dicían ??Fía, fía, tamén fío eu? ou ??Véndeme os bois, véndeme as vacas?. Dende que tiñan quince anos levan tocando a pandereta e onte tiveron a compaña de Esther Gómez Barreiro, veciña de Ferreirós, un pouco máis novata na arte de tocar este instrumento tan tradicional de Galicia. ??Eu aprendín hai pouco?, recoñecía. O relevo para estas pandereteiras parece que está asegurado coas integrantes do grupo da ANPA do colexio Ferro Couselo, que tamén contribuíron coa súa música á sementeira.
O traballo da mañá deixou a máis de un escaso de forzas, pero nada mellor que unha boa merenda para repoñelas antes de voltar para a casa ou o colexio, segundo o caso. Pan de trigo e de millo, queixo, chourizos, sardiñas e viño do país fixeron as delicias de todos e foi o mellor xeito de dar por rematada esta nova sementeira. Agora só queda agardar a que o trigo medre con forza para recollelo aló polos meses de xuño ou xullo. Mentras tanto, o espantallo Pepe, creación dos integrantes da asociación de discapacitados ??Asmivalu?, velará por el e fará fuxir aos paxaros que ameacen con estragalo. A ver se corre mellor sorte que o boneco espetado o ano pasado no Pradiño, que foi vítima dunha trasnada de San Xoán e, dende aquela noite, non se volveu saber nada máis del.
DIARIO DE AROUSA, 27/11/10
Sementar, sementarei…
O espantallo «Pepe o Peregrino» guiou os rapaces ata a finca onde se fixo a sementeira.
Cando me comentaron desde Valga que voltaban os encontros interxeracionais coa sementeira do trigo, véuseme á cabeza a canción de Fuxan os Ventos. Nesta historia que nos ocupa hai adultos, e ben curtidos na vida, da asociación da terceira idade Axentiva. E tamén nenos. Arredor duns 120 escolares chegados dos centros Ferro Couselo e Baño de Valga, e Agro do Muíño de Ames. Despois dunha semana de clases teóricas sobre a materia nas aulas, tocaba aprender en vivo dos que saben como garantir a subsistencia cun pouco de terra e cunhas sementes.
O espantallo, feito por integrantes da asociación local Asmivalu, foi diante da pequena camiñata que a primeira hora da mañá levou os nenos desde o auditorio de Valga ata a finca do Porrenllo, na aldea de Ferreirós. Alí foron varias decenas de socios de Axentiva os que lles comezaron a explicar como facer as marxas, os regos entre os que se bota a semente do trigo. Legoñas e angazos en man, xente coma Bienvenido Cordo , Ramón Pereira , Manuel Devesa , Dolores Carril , Hermitas Devesa ou Mercedes Buceta déronlles unha clase maxistral aos nenos coa axuda das vacas do Ferreiro de Senín e do arado de pao de José Burés , cada vez máis preto da centena.
Como isto de traballar no agro dá moita fame, aínda que os rapaces se limitaron a mirar e a aprender, os organizadores agasallaron os escolares cunha parva . Ou o que é o mesmo, o xantar reparador de media mañá. Pan de millo e de trigo, chourizos, queixo, sardiñiñas e auga. O viño quedou para clarexar as gorxas dos que si mollaron a camisa.
LA VOZ DE GALICIA, 27/11/10


