Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.056

Cultura

Taichi en Pontecesures.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Reunión informativa e clase GRATUÍTA para tódalas persoas interesadas.

Monitor David Orihuela.

Será preciso levar para esta xornada roupa e calzado depotivo.

LUGAR: Local anexo ao pavillón polideportivo.

DATA: Mércores 21 de marzo ás 20.30 horas.

Ao final da reunión concretaránse os días da semán nos que se impartirá, os horarios e o prezo da actividade.

Organiza: Agrupación Cultural Pontecesures.

Colabora: Concello de Pontecesures.

 

Avisos

Remata o prazo de exposición pública para retirar un dos coches abandonados en Redondo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O anuncio foi publicado no BOP o 27 de febreiro de 2012 e detállase que este Citroën Berlingo que está a nome de Suministros Meicende SLL pernanece abandonado na rúa Redondo, na estrada N-550, aparcado en batería. O 16 de marzo rematou o prazo de 15 días hábiles para a súa retirada ou para facer as reclamacións oportunas. De pasar a ter a consideración de residuo sólido urbano, será o concello o que ordene a retirada para o desguace.