Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.090

Sociedade

Homenaxe ás mulleres emprendedoras en Valga.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O Concello de Valga, dentro dos actos do Día da Muller Traballadora, quere homenaxear ás mulleres emprendedoras, polo que lle prega a todas aquelas xubiladas que foran autónomas, empresarias, ou que estiveran á fronte dun negocio familiar que se poñan en contacto co Consistorio ata o 3 de marzo.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/02/12

Emprego

Preparación do aniversario da Batalla de Casal do Eirigo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O Concello de Valga, en colaboración coa Asociación Cultural Héroes de Casal do Eirigo 1809, están a preparar os actos do 203 aniversario da Batalla de Casal do Eirigo, polo que se convoca a todos os que queiran participar nas actividades. Máis información nos teléfonos 986/559456 e 659/087290.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/02/12

Festas

Mércores de cinza.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Columna “Devagar”, Por Xavier Senín (Escritor).

UN ANO os rapaces formárona boa no entroido. Polo menos, a maioría da xente apuxéralles a eles aquela entroidada. A tarde do martes de entroido apareceu un grupo de choqueiros, que así era como se chamaba alí a xente que se disfrazaba. Ían todos vestidos de farrapos, con pezas de roupa vella de muller que colleran pola casa nos baúis dalgún fallado. A cara levábana tapada con caretas de cartón que deberan comprar na tenda da Luzdivina, por máis que despois ela asegurase que non eran das que ela tiña a vender. Todos eran homes, polo empeño que poñían en disimular as súas voces verdadeiras falando de falsete. Con todo, víase que procuraban falar o menos posible e non levaban reloxos no pulso nin calquera outra cousa que puidese identificalos. Paseaban xuntos pola rúa e íanse metendo coa xente coa que se cruzaban, facendo referencias a pequenas cousas que demostraban que eran bos coñecedores do que se cocía na vila. Algunha xente asustárase e andaba cos nervios á beira de todo porque quen máis quen menos tiña algo que rañar e non quería que se soubese. Unha das persoas máis afectadas foi a Manuela, que liscou coma un foguete para a casa, logo de lle cuscubiñaren dous deles algo que só ela escoitou. Ninguén sospeita o que podía ocultar a muller, pero debía ser asunto serio pola reacción que tivo. O grupiño aquel esvaeuse con tanto misterio como aparecera e nunca máis se soubo, por máis que houbo quen tentou identificar aqueles entremetidos.

Ao día seguinte era mércores de cinza e aínda que non existía obriga de asistir á misa coma nos días de precepto, nalgunhas casas mandaron a xente nova á cerimonia. Na misa o cura foilles marcando na fronte unha cruz coa cinza mentres pronunciaba aquelas palabras en latín que parecían máxicas, sobre todo aquilo de “… et in pulverem reverteris”. O abade, mentres cumpría o rito, fitaba os mozos un a un para tentar adiviñar quen foran os responsables do que pasara o día anterior. Ningún deixou traslucir nada e, por certo, a Manuela aquel día non pisou a igrexa.

EL CORREO GALLEGO, 20/02/12

Escritor

Festas

Ganadores de los premios de Carnaval en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Pontecesures también se vistió de Carnaval y repartió premios en metálico, como los que recayeron en ??El arco iris? (infantil individual), ??Un sono, un pesadelo? (parejas infantiles), ??Raíña do Faiado? (individual adulto), ??Hoxe toca cocido? (parejas de adultos) y ??Natación desincronizada? (carrozas).

DIARIO DE AROUSA, 20/02/12