Para substituir a unha limpadora o concello respecta a puntuación previa de xuño pasado.
Con data 13/02/12 causou baixa ao hospitalizarse por enfermidade unha traballadora do servizo de limpeza do concello, considerándose que é necesario contratar a outro traballador mentres dure a situación de incapacidade.
Con data 17/02/12, mediante resolución da alcaldía, decídese a contratación para esa substitución de Mª Rosa Domínguez Abreu, pois na selección efecutada nos Programas de Cooperación 2011 en xuño pasado foi a mellor puntuada entre as candidatas e prestou servizo así perante sete meses.
Lémbrase que foron dúas as traballadora contratadas de aquela como limnpadoras. A propia Mª Rosa Domínguez Abreu (6 puntos de cualificación) e Mónica Pesado Taibo (5 puntos de cualificación) que foi a segunda.
As grandes preguntas: ¿Sería normal que se contratase a Mónica Pesado Taibo en lugar de Mª Rosa Domínguz Abreu? ¿Por que este criterio da mellor puntuación, que é o máis razonable para estes casos de baixas por enfermidade no que se precisa unha actuación rápida, foi alterado na contratación da auxilliar administrativa?. O goberno local segue a dar a calada por resposta.