Homenaxe a Tomás Beteta en Padrón.

O sábado, 28 de agosto, ás 22:00 horas, terá lugar na Praza de Macías de Padrón, un concerto da Banda de Música Municipal de Padrón, en homenaxe ao histórico director Tomás Beteta.
Presentará o concerto Lidia Gallas, de Radio Valga, sendo a cesureña Bea Porrúa a artista convidada a este acto.
Organiza a homenaxe a Banda de Música Municipal de Padrón co patrocinio do Concello de Padrón e de Radio Valga.

Historial deportivo do Club TX Race de Pontecesures.

Na imaxe o cesureño Angel Conde Mosteiro nunha proba en 2010.

CIF: G36514263 – Rexístro C-08653 (Secretaria Xeral para o Deporte)
Redondo, 74
36640 Pontecesures (Pontevedra)
Tel.: 986 55 70 94 ?? www.txrace.com

Ano 2006
? Manuel Gómez Perez: Sub-Campeón galego de enduro Senior-
? David Cortizo Bouzas: Campeón galego de enduro Junior
? TX RACE Clube campeón galego de enduro na categoría Junior
Ano 2007
? Xosé A. Magariños Iglesias: Terceiro clasificado no Campeonato Galego de enduro Veteranos
? Francisco Fernández Guillán: Campeón galego de enduro Promoción
Ano 2008
? Francisco Fernández Guillán: Sub-Campeón galego de enduro Junior
? TX RACE Clube campeón galego de enduro na categoría Junior
Ano 2009
? Xosé A. Magariños Iglesias: Campeón galego de enduro Veteranos
? TX RACE Clube campeón galego de enduro na categoría Veteranos
Ano 2010 (Resultados provisionais)
? Francisco Fernández Guillán: 1º clasificado provisional no campeonato galego de enduro Junior
? Juán Alberto Couselo Blanco: 1º clasificado provisional no campeonato galego de enduro Promoción
? Juán Carlos Moreiras González: 2º clasificado provisional no campeonato galego de enduro Promoción

O club cesureño TX Race ten trece pilotos en 2010.

A relación de pilotos nesta temporada 2010 é a seguinte:

– Juan A. Couselo Blanco, categoría Promoción. (Pontecesures)

– Alexandro Magariños Iglesias, categoría Sénior B. (Pontecesures).

– Xosé A. Magariños Iglesias, categoría veterano. (Valga)

– Angel Conde Mosteiro, categoría Promoción. (Grobas)

– J. Carlos Moreiras González, categoría Promoción. (Valga).

– Javier Rodríguez Collazo, categoría Promoción. (Noia).

– David Fabeiro Figueroa, categoría Promoción. (Lousame).

– Manuel Gómez Pérez, categoría Sénior B. (Padrón).

– Rodrigo Lodeiro Ces, categoría Sénior B. (Rianxo).

– Roberto Magariños Eitor, categoría Promoción. (Valga).

– Antonio Bouzas Teira, categoría Sénior B. (Rois).

– Francisco D. Fernández Guillén, categoría Junior. (Padrón).

– Adolfo E. Castro Taboada, categoría veterano. (Ames).

Técnicos do club:

– David Cortizo Bouzas, licencia como Comisario Deportivo, Director de Competición do Club e Comisario Técnico.

– Mario J. Castro González, licencia como Comisario Deportivo, Director de Competición do Club e Comisario Técnico.

– Francisco J. Castromán Casal, licencia como Comisario Deportivo, Director de Competición do Club e Comisario Técnico.

– Angel Castro Gens, licencia como Comisario Deportivo, Director de Competición do Club e Comisario Técnico.

– Felix Miranda Martínez, licencia como Comisario Deportivo e Director de Competición do Club.

– Manuel Gómez Pérez, licencia como Comisario Deportivo e Director de Competición do Club.

Finou Barral.

Aos 77 anos de idade morreu hoxe, Manuel Barral Troáns, que estaba casado con Rosario Piñeiro Blanco. Foi Barral concelleiro de Pontecesures varios anos e membro do Patronato da Biblioteca Municipal ata que se integrou esta na rede da Xunta de Galicia.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Dende alí sairá mañá xoves, 26 de agosto, a comitiva fúnebre, ás 18:30 horas, para a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde terá lugar a misa funeral. Os restos mortais recibirán sepultura logo no Cemiterio Municipal de Condide.
Descanse en paz.

“Brath” e “Noise Proyect” o domingo, 29 de agosto, en Pontecesures.

Dentro do programa “Cultura en Ruta” de Caixanova, o domingo, 29 de agosto, terán lugar na Plazuela os seguintes actos:

-12:30 horas. Pasarúas cos gaiteiros da “Asociación Musigaiba”.
-19:00 horas. Espectáculo infantil. “Dous pallasos en apuros”.
-20:30 horas. Concerto de “Noise Proyect”.
-21:45 horas. Actuación da banda de música galega “Brath”

Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais con posibel retribución.

Este curso do programa “Aquelando” está dirixido a persoas desempregadas que queiran formarse como coidadores/as de persoas dependentes.

-Trátase dun curso gratuito a celebrar en Pontecesures.
-Comezará a mediados de outubro.
-O horario será de mañá, con cinco horas diarias.
-Posibilidade dunha bolsa de asistencia de ata 10 euros/día.

Máis información na Oficina do Técnico de Emprego de Pontecesures (horario: de luns a venres, de 8 a 14 horas; teléfono 986/564403).