Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.175

Política

Convocatoria do voceiro do PP no Concello de Pontecesures á militancia.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Estimado/a amigo/amiga:

? un pracer para min en nome do Partido Popular de Pontecesures agradecerche a confianza que depositaches en nós tanto nas eleccións locais do pasado maio, como nas eleccións sexrais celebradas o pasado 20-N.

Nestas breves palabras aproveito a ocasión para invitarche a refrexionar sobre o momento que vive o Partido Popular a nivel nacional, autonómico e local.

Neste último ámbito, Pontecesures non conta cun goberno do Partido Popular o que lamentamos sinceiramente xa que de non ser así agora, a pesar do momento de crise que vivimos, seguramente Pontecesures tería moitas máis perspectivas de crecemento a todos os niveis, tanto económico, cultural, social, etc..

Non puido ser doutro xeito nos pasados comicios de maio, e o Partido Popular en Pontecesures quere facer partícipes aos seus afiliados e simpatizantes da idea de reestruturar esta agrupación a nivel local, agrupación na que todos temos ocasión de participar sen atrancos de ningún tipo, na que todos somos necesarios e na que todos estamos obrigados dalgún xeito a entendernos para poder facer do noso Pontecesures unha vila unida e así poder achegarnos ante calquera administración con garantías de acadar axudas para este noso pobo que ten necesitado está de tantas cousas.

Polo tanto para poder comezar a andar todos xuntos e co fin de tratar diversos temas como o referido á organización interna da agrupación local así como dar a coñecer as actuacións que se están a levar adiante polo grupo municipal do partido no concello, convídoche para o vindeiro día 16 de decembro ás 21:00 horas na sede local do Partido Popular en Pontecesures coa finalidade de tratar as cuestións expostas e atender ás vosas preguntas e suxerencias.

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Juan Manuel Vidal Seage

Cultura

A Coral da Barcarola participa no Festival de Panxoliñas de Padrón.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O coro cesureño participará no XXIV Festival de Panxoliñas de Padrón que se celebra o 17 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal organizado pola Coral Polifónica Padronesa da Sociedade Cultural da localidade. Ademais desta última agrupación e do Coro da Barcarola, tamén participa o grupo Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.

Festas

Visita dos nenos/as da Escola Infantil Municipal á Casa do Concello.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Ilustración de sección

Mañán martes 13 de novembro, ás 11.00 da mañán, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Pontecesures, acompañados polas súas monitoras, visitarán a Casa do Concello. Repítese así un ano máis esta visita tradicional, na que os nenos e nenas colaborarán na ornamentación do árbol de nadal e recibirán un agasallo por parte dos representantes municipais.

 

Sucesos

Un incendio arrasa parte de una nave industrial en Padrón.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Los bomberos abordaron el fuego por un lateral.

Un incendio declarado a las cinco de la tarde de ayer en un anexo de la nave industrial propiedad de Talleres Vigo (situado en las inmediaciones del tanatorio padronés) destruyó por completo el gran escaparate de exposición de esta firma, de aproximadamente cien metros cuadrados, donde se exhibía diferente maquinaria de remolques de vehículos y embarcaciones.
Al lugar acudieron de inmediato efectivos de Emerxencias de Padrón y Brión, auxiliados por una motobomba. Precisaron cerca de una hora para extinguir el incendio.

LA VOZ DE GALICIA, 12/12711