Continúa a busca da xove desaparecida en Padrón.

As 20 horas, de hoxe, 6 de agosto, houbo unha xuntanza de coordinación en Padrón para organizar as tarefas de busca de Natividad Eitor desaparecida onte, na que participaron as agrupacións de Protección Civil de Padrón, Rois, Valga e Pontecesures, así como os efectivos policiais.
Parece ser que a xove foi vista onte antes das 14 horas na zona onde vive, preto do campo de fútbol do Souto. Tamén alguén asegurou que lle pareceu vela na zona de canle de derivación do Sar sobre ás 14:30 horas. Por último, sobre as 15 horas, tamén a alguén lle pareceu vela nun caixeiro automático dunha entidade bancaria de Padrón, aínda que fontes da entidade indicaron que non se apreciaban movementos de conta con tarxeta ou libreta nese intre. Dende esa hora pérdese o rastro.
Continúan as investigación e as operacións de busca. Foi colocada unha grande cantidade de carteis en toda a comarca coa foto da xove.

Desaparecida Natividad Eitor Figueroa.

Desde las 12 de la mañana de ayer se desconoce el paradero de Natividad Eitor Figueroa, joven de Lestrove de 27 años de edad. Natividad, que mide 1,65, es monitora en la piscina de Padrón y su pareja es Luis de la gestoria de Redondo (Pontecesures) en el edificio donde se encuentra la Cafetería Maná.
La última vez que fue vista llevaba pantalón negro, camiseta y bolso gris. Cualquier persona que la haya visto o sepa de su paradero puede llamar al 665/802873 al 981/811690 o al 981/810029.

Retirada dos postes da rúa San Lois.

Na rúa San Lois, nº 32, centro urbano da vila hai dende hai anos dous postes de madeira onde se apoian uns cables grosos do tendido eléctrico, que foron colocados de xeito provisional na beirarrúa para alimentar un edificio de nova construción.

Co edificio rematado, soterráronse os cables, logo de solicitalo a promotora (expte. 248306090321) realizando a obra a empresa ELYME de Vilagarcía de Arousa, que xa rematou os traballos hai máis de dous meses. Agora tan só queda retirar os vellos postes e o cable groso.

No día de onte solicitouse a Dona María Luísa Álvarez Rodríguez do departamento de obras de Gas Natural – Unión Fenosa que a retirada sexa inmediata. Esteticamente a imaxe é lamentable coas columnas algo escoradas, con queixas veciñais de cotío e dándose unha sensación de abandono que prexudica a esta institución.

Morreu David Vieites.

Aos 72 anos de idade, morreu hoxe o veciño de Carreiras, David Vieites Magariños, xubilado de Nestlé.
O velorio é no tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá, 6 de agosto, ás 19 horas, celebrarase a misa funeral na Igrexia Parroquial de Pontecesures. Os restos mortais serán logo incineradas.
Descanse en paz.