Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.202

Sociedade

O Concello de Valga organiza charlas sobre edificios sen licenza.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O Concello de Valga conta cos servizos da empresa Nimo/Mezquita para levar a cabo distintas charlas sobre os trámites necesarios para a incursión e normalización de edificacións e actividades sen licenza ou fóra de ordeación total. As charlas comezarán o 30 de novembro e percorrerán, nos primeiros días de decembro, Campaña, O Pino, Setecoros, Xanza e Valga.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 24/11/11

Política

O luns 28 de novembro, pleno ordinario en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Será ás 20:30 horas so salón de sesións da Casa do Concello coa seguinte Orde do Día:

1. Actas anteriores.
2. Moción do grupo de goberno sobre o servizo da fundación “Preescolar na Casa”.
3. Moción do grupo de goberno para esixir a asunción dos custos de mantemento dos centros de ensinanza primaria por parte da Xunta de Galicia.
4. Moción do grupo de goberno para instar á Xunta de Galicia a presentar un calendario preciso para a realización de obras urxentes no CPI Pontecesures.
5. Moción do grupo de goberno para instar ao presidente da Xunta de Galicia a apostar pola defensa do ensino público.
6. Moción do grupo de goberno para instar á Xunta de Galicia a crear unha liña de bolsas específicas.
7. Moción do grupo de goberno para adopción dun acordo de solidariedade, apoio, colaboración e impulso a prol da “Garda e custodia compartida”
8. Proposta para ampliación de uso dotacional dunha área de equipamentos públicos.
9. Resolucións da alcaldía.
10. Informes da presidencia.
11. Rogos e preguntas.

Faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno. Convén estar informados de primeira man do que sucede no nosa institución.

Política

Eleccións sindicais no Concello de Pontecesures: o día 30 de novembro elíxense os representantes.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Na reunión de hoxe das xuntas electorais dos dous procesos (persoal laboral que elixe tres representantes e persoal funcionario que elixe un), fixouse o día da votación que é o 30 e novembro. De 10:30 a 11 horas estarán abertas as urnas para os funcionarios. De 11 a 14 horas estrán abertas para o persoal laboral.
Mañá estarán expostos os censos (36 son os electores para o persoal laboral e 6 para o persoal funcionario) e o martes 29 de novembro de 10 a 12 horas pódense presentar as candidaturas.