Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.207

Esquelas

Morreu Manolo Pesado.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Aos 75 anos de idade finou no día de hoxe o veciño de Porto, Manuel Pesado González. O velorio é na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá luns, 21 de novembro, terá lugar a misa funeral ás 17 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Festas

Nota íntegra sobre as inscricións na “Ludoteca Terrorífica” do Concello de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O 19 de outubro o Concello de Pontecesures anunciou a celebración para o día 31 (foi non lectivo) dunha “Ludoteca Terrorífica” con varias actividades no Centro Social con motivo da celebración do “Samaín”. No anuncio abríase un prazo para a inscripción dos nenos do 24 ao 28 de outubro.

Segundo as informacións con que se contan algúns pais trataron de inscribir aos nenos (tiñan que ser maiores de 4 anos) dentro do prazo concedido pero xa non foi posible pois o cupo xa estaba cuberto ao seguirse o criterio da orde cronolóxica nas inscripcións. Ata aí todo normal.

Pero este concelleiro quere criticar que atópouse con sorpresa que o sábado día 22 de outubro (dous días antes de abrir o prazo) xa había oito ou nove nenos inscritos. En consecuencia vemos que hai familias que teñen un trato diferenciado no noso concello co actual goberno. Os bandos e as publicacións municipais conteñen información e normas para todos e non pode ser que se admitan inscripcións nas oficinas da Casa do Concello antes do prazo xeral aberto para todos e prexudicar logo aos que se queren inscribir en prazo.

Xa non é a primeira vez que ocorre isto co actual goberno. Na ludoteca de verán e antes de publicar o concello os anuncios do seu funcionamento, prazos de inscripción, etc…, xa houbo familias que recibiron a “primicia”, incluso telefónicamente dende a propia Casa do Concello.

Estes detalles, ademais de provocar que nenos ou nenos queden fóra inxustamente das actividades, dan unha mala imaxe da institución. Os favoritismos sempre deben ser criticados.

Solicítase ao concelleiro de educación, Roque Araújo, que adopte medidas para rematar con estas actuacións que restan seriedade as actividades municipais.

Pontecesures, 19/11/11

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Sociedade

Sabariz denuncia casos de favoritismo a la hora de anotarse en las actividades infantiles en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El concejal de ACP, Luis Sabariz, denunica que el concello ejerce el favoritismo a la hora de conceder plaza en actividades infantiles.
Asegura que algunos padres que trataron de inscribir a su hijos en la Ludoteca Terrorífica del 31 de octubre, “dentro do prazo concedido, do 24 ao 28 de outubro”, se encontraron con el cupo cubierto. “O sábado 22, dous días antes de abrir o prazo, xa había oito ou nove nenos inscritos. En consecuencia vemos que hai familias que teñen un trato diferenciado no noso concello co actual goberno. Os bandos e as publicacións municipais conteñen normas para todos e non pode ser que se admitan inscricións antes do prazo xeral aberto para todos e prexudicar logo aos que se queren inscribir en prazo”.
El edil afirma que no es la primera vez que sucede algo similar, que ya había ocurido con la ludoteca de verano. “Antes de publicarse os anuncios xa houbo familias que recibiron a primicia, incluso telefónicamente, dende a propia Casa do Concelo”.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 20/11/11