Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.266

Política

Terra Galega non se presenta ás elecciones xerais do 20 de novembro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O Presidente de Terra Galega, Pablo Padín, e os Integrantes da Dirección Nacional, José Manuel Blanco Suárez (Alcalde de Narón), Manuel Andrade (concelleiro de Carballo) e Xosé Marquez (concelleiro de Arteixo) compareceron hoxe en rolda de prensa para anunciar a celebración do seu III Congreso que terá lugar o día 21 de xaneiro do 2012, no que se renovarán os órganos do partido e presentarán as súas líneas de acción para os próximos catro anos.
Segundo explicou o Presidente da formación, Pablo Padín, este congreso convócase para definir a política do partido e establecer as líneas de actuación tanto a nivel político como organizativo para os próximos catro anos. O regulamento do congreso, elaborado pola comisión organizativa, se fará chegar a todos os afiliados e agrupacións locais para que poidan aportar as súas propostas antes do 16 de xaneiro.

Por outra banda tamén se anunciou que Terra Galega non concurrirá as próximas Eleccións Xerais do 20 N. O Presidente de Terra Galega explicou como motivos para non presentarse a ditas eleccións, entre outros, a discriminación a que están sometidos os pequenos partidos en este tipo de comicios, xa que a lei electoral beneficia sempre as grandes forzas políticas, e os “pequenos como TEGA vémonos obrigados a facer un esforzo maior para poder chegarlle a xente as nosas propostas” declarou Pablo Padín.

Terra Galega non estará parada durante este período electoral e como a cuarta forza política que é, con 23 concelleiros/as e entre eles o o alcalde da octava cidade de Galicia, seguirá presentando o seu programa a través da súa páxina web.

Na súa intervención o alcalde de Narón, reiterou que Terra Galega é un partido municipalista e que trata de trasladar ao resto do país as súa políticas municipais. Que o próximo obxectivo político de TEGA son as eleccións ao Parlamento Galego no que cree que van a xogar un papel fundamental e consideran que determinados problemas como son a xustiza, a sanidade, a educación e as pensións téñense que tratar conxuntamente por todos os partidos e que as líneas de actuación non deben mudar cada catro anos. Tamén apostou, nesta época de crise, por unha tendencia a comarcalización ou a mancomunar servizos e a desaparición das Diputacións e que asuman as súas funcións a Xunta de Galicia ou os propios concellos directamente “xa que son uns entes que so se dedican a repartir subvencións aos seus grupos” manifestou José Manuel Blanco.

Por último as declaracións de Manuel Andrade “creo que vamos sair moi reforzados de este III Congreso tanto a nivel organizativo como político para afrontar unhas eleccións autonómicas nas que lles devolvamos a ilusión aos galegos cun partido de centro”.

TERRA GALEGA, 08/10/11

Avisos

O anuncio do expediente de modificación de créditos publicado no Boletín Oficial da Provincia.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

No BOP do 7 de outubro de 2011 aparece este anuncio do expediente que foi aprobado, por unanimidade, na sesión plenaria do Concello de Pontecesures o pasado 26 de setembro e que ten un importe de 131.382,75 euros. Ábrése un prazo de 15 días para alegacións. De non habelas o expediente considerarase aprobado definitivamente.

Sociedade

Pontecesures se ve afectado por un ERE en Preescolar na Casa.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El expediente de regulación de empleo (ERE) de Preescolar na Casa (con veinte orientadores en suspensión de empleo y otors 18 trabajando a media jornada) afectará al normal desarrollo de este programa en varios concellos de la comarca, como Pontecesures o Valga. La actividad, que quiere contribuir a la formación de los padres para ayudar a que las capacidades de sus hijos de 0 a 6 años se vean mejoradas, se presentó esta semana en Pontecesures y el orientador que atiende el municipio y el de Valga, José Expósito, explicó que el presente curso estará marcado por el “tremendo recorte” de las subvenciones de la Xunta y el consiguiente ERE. Los profesionales, inciden, están haciendo un esfuerzo “especial” para que las familias se vean afectadas en la menor medida posible. José Expósito intentará mantener el servicio en los mismos concellos que atendió el pasado año (Pontecesures, Valga, Dodro, Padrón y Rois), pero reduciendo el número de grupos de dieciséis a nueve. Estos grupos se ubicarán en puntos estratégicos para facilitar el acceso a las familias , “minimizando no posible a afectación” y a la espera de que “a situación poida volver á normalidade se a Xunta de Galicia reconsidera a súa decisión e repón o orzamento”.

DIARIO DE AROUSA, 08/10/11

Deportes

Fundado o Club Ciclista Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Foi creado hai ben pouco esta nova entidade deportiva. Os directivos son as seguintes persoas:

-Presidente: José Rodríguez Prieto
-Secretario: José Luis Padín Iglesias
-Tesoureiro: Carlos Fernández Prieto
-Vogais: José Ramón de Jesús González e Eduardo Vidal Mejuto

Sociedade

Nova nota da ACP sobre a caldeira do CPI Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Parece ser que o goberno local afirma que non é certo que existe un informe técnico da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra cun orzamento duns 8.000 euros que sería o importe do arranxo da caldeira actual, logo da visita dos técnicos o pasado 9 de setembro. De falsidade, nada de nada.

Sen ánimo de polemizar, ratificase que esa valoración existe. Pero tamén é verdade que figuran máis alternativas como é colocar unha caldeira nova con ou sen instalación de novos elementos no sistema de calefacción de todos os edificios, investindo unha maior cantidade de fondos. O que pode incidir a confusión é que é certo que a decisión aínda non està tomada por Educación, pero que os importes de todas as alternativas están sobre a mesa do xefe territorial é unha realidade.

Con preocupación observamos que a decisión demórase moito e parece que a análise da medida a adoptar está a servir de desculpa para retardar o arranxo do problema, o que nos fai pensar que non se vai asumir actuación algunha agora para este exercicio económico de 2011. Dende a ACP insistiremos para que este tema sexa resolto canto antes.

Pontecesures, 07/10/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.