Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.383

Avisos

Nota para os pais/nais das nenas que asisten a actividade de danza da ANPA do CPI Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Por cuestións personais a actual monitora, Triana, non pode impartir clases perante o mes de febreiro.

Polo exposto, hoxe martes non haberá clase, pero sí os martes días 19 e 26 de febreiro cunha monitora substituta, Sonia. Hai una variación para eses dous días: A clase das pequenas será ás 18 horas e a das maiores, ás 19 horas.

En principio, o martes día 4 de marzo xa virá de novo Triana, recuperándose o horario de costume das 17 e 18 horas, respectivamente.

Préganse desculpas.

Festas

A comparsa de Antonio Pesado Romay obtivo o 3º premio do concurso de disfraces de Valga.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Esta comparsa, “A casa da palleta”, que gañou o 1º premio no concurso de Pontecesures, obtivo o 3º premio no concurso de Valga, por detrás de “A Casa 1906” de Catoira, e una comparsa da Banda Municipal de Valga formada por pais dos integrantes desa formación.
Foi concedido un premio especial, como grupo do municipio de Valga, a comparsa “San Femín”, integrada por persoas de Valga e de Pontecesures.

Turismo

Nesta semana comezará a distribución da publicación “O camiño do mar do apóstolo”

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Nesta semana serán enviados ó Concello de Pontecesures varios exemplares desta publicación creada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Ã? un magnífico libro en galego patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo que (publicáronse 10.000 exemplares) que se farán chegar ós centros galegos de todo o mundo e a distintas asociacións e centros culturais.
Esta publicación é un paso máis para potenciar a Ruta Xacobea polo río Ulla.

Sociedade

Reunión da Xunta Directiva da ANPA do CPI Pontecesures para fixar o calendario das eleccións

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O mércores día 13 de febreiro celebrarase unha reunión da Xunta Directiva da ANPA do CPI Pontecesures co obxecto de aprobar o calendario destas eleccións que se van celebrar ó rematar o mandato da actual Xunta Directiva.
Está previsto que se celebren as votacións antes das vacacións de Semana Santa.

Sociedade

Galicia se sitúa a la cola de España en uso de Internet.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Galicia es, tras Extremadura, la penúltima autonomía española en utilización de Internet, según el estudio que acaba de publicar la Asociación para la Investigación en Medios de Comunicación (AIMC). Los datos divulgados ayer por Europa Press corresponden a 2007 e indican que sólo un 33% de los gallegos mayores de 14 años utilizó Internet, al menos alguna vez durante el último mes.