Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 341

Sin Categoria

Charla sobre novas tecnoloxías.

Por Redacción ·

Cultura

Anacos da historia de Pontecesures.

Por Redacción ·

A cultura da lamprea en Pontecesures identificanos e únenos como pobo; ó patrimonio material e inmaterial e tamén ás persoas, mulleres e homes que, co seu traballo diario, crearon ese mundo.
Co propósito de poñelo en valor, este sábado 16 de marzo, organizamos unha actividade coa que falar e compartir, na que participarán persoas de diferentes eidos unidos por Pontecesures.

Para abir a tarde, o poeta cesureño Cándido Duro e o escritor Anxo Angueira, interpretarán obras súas contextualizadas na nosa vila. O guía de turismo Juan Segade e o presentador José Manuel García, ampliarán os “anacos da nosa historia”.A actriz Uxía Ferreiro realizará unha interpretación en homenaxe á figura das patifas.

Os valeiros farán unha achega ó seu traballo diario no río e, se o tempo o permite, faremos un pequeno percorrido ata o Pino Manso no que faremos un repaso á historia da nosa vila.

Membros da AACC Valeira e a bibliotecaria de Pontecesures, Teresa Gil , levarán a cabo lecturas de autores que falaron da nosa vila. Agardámoste o sábado 16 de marzo ás 17:00 horas na Praza de Abastos para falar e compartir contos e historias sobra a lamprea e Pontecesures.

Concello de Pontecesures

Sin Categoria

El báculo oblicuo de Redondo. ¿Arte o abandono?.

Por Redacción ·

Sin Categoria

La cerería Diéguez en Pontevedra.

Por Redacción ·

Seguimos con la tradición artesanal trabajando para complacer a la clientela como siempre se hizo.Muchísimas gracias a nuestros fieles clientes, es todo un orgullo y una gran satisfacción poder continuar así ,que Dios nos bendiga.

J. Diéguez

Cultura

A Cuca xa ten a súa rúa en Pontecesures.

Por Redacción ·

María Magariños Figueira, A Cuca, xa ten a súa rúa en Pontecesures á carón da súa casa natal.Nun acto moi emotivo, lembramos a figura da artista de San Xulián xunto a súa filla Olga Vieites Magariños e a súa familia e demos recoñecemento a súa faceta artística e calidade humana.

Un acto que tamén serviu para lembrar a tantas mulleres cesureñas que, dende o anonimato, con moito traballo e sacrificio, conseguiron abrir as portas a unha sociedade en igualdade para as mulleres do presente e do futuro.

Concello de Pontecesures