Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.570

Festas

Programación de actos da “XII Festa da Lamprea”

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Segundo a información facilitada hoxe, os actos son os seguintes:

p(subtitular). XOVES 12 DE ABRIL

p(leyenda). 18.00 horas no Salón de Sesións

p(sangrado). Será presentada a páxina web oficial do concello (pontecesures.org) e tamén unha guía turística elaborada pola Consellería de Innovación e Industria.

p(subtitular). VENRES 13 DE ABRIL

p(leyenda). 19,00 horas no Centro Social

p(sangrado). Espectáculos interactivos para nenos.

p(leyenda). 21,00 horas na Plazuela

p(sangrado). Concerto de rock coa actuación de “Os Predicadores”.

p(subtitular). SÁBADO 14 DE ABRIL

p(leyenda). 20,00 horas no Centro Social

p(sangrado). Presentación dos documentais “As Patifas” e “Os mares doces de Galicia”.

p(subtitular). DOMINGO 15 DE ABRIL

p(sangrado). Exposición de automóbiles antigos polas rúas centrais e pasarrúas con pallasos, zancudos, malabaristas, o grupo folclórico “Xarandeira” e a charanga “Apeles”.

p(leyenda). 13,00 horas no Salón de Sesións

p(sangrado). Letura do pregón. Como pregoeiro estará Jorge Mira, fisico e colaborador do programa “Cifras e Letras” da TVG.

p(leyenda). Carpa do Peirao

p(sangrado). Degustación da lamprea

O custo de moitos destes actos é asumido pola Xunta de Galicia como o de moitos nos últimos acontecementos festivos (festas do Carmen, programación de Nadal, Cabalgata de Reis, San Xulián, etc..)

Festas

Presentación de la Fiesta de la Lamprea.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El Concello de Pontecesures presenta hoy a las 12,00 horas los actos organizados dentro de la edición nº 12 de la Festa da Lamprea, una de las citas gastronómicas más importantes de la comarca arosana. La cita tendrá lugar en el salón de plenos del Concello.

LA VOZ DE GALICIA 03/01/07

Política

IMAXENES DO ACTO DE PRESENTACION DA LISTA DO PSG-PSOE Ã? CONCELLO

Por fru ·

Estas son algunhas das imáxenes do acto de presentación do candidato á alcaldía polo PSG-PSOE celebrado hoxe luns 2 de abril en Pontecesures, e que contou ca presencia do Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vazquez.

100_5759-web.JPG

Sauda entre o Conselleiro Manuel vazquez e Luis Sabariz á chegada do primeiro a Pontecesures

100_5762-web.JPG

 Sabariz acompañado polo Conselleiro e o coordinador provincial do PSG – Psoe, Sres Vazquez (esquerda) e Pose (dereita), respectivamente.

100_5765-web.JPG

 Sauda inicial a cargo de Modesto Pose

100_5773-web.JPG

 Momento do discurso de Luis Sabariz

100_5777-web.JPG

 Manuel Vazquez  dirixíndose ó público

100_5768-web.JPG

Luis Sabariz estivo arropado polos integrantes da listado Ps de G – Psoe local

Deportes

O PONTECESURES C. F. DE FUTBOL SÁ LOGRA A 1ª VICTORIA DA LIGA

Por fru ·

Cando só quedaban 3 partidos de liga, e a pesares de contar con numerosas baixas, o que fixo que só acudisen 6 xogadores a disputar o encontro ( o porteiro e 5 xogadores de campo) , o Pontecesures C. F. impúsoxe este pasado sábado polo resultado de 1 a 3 ó Paderna na súa cancha. En palabras do adestrador “Pichi” o equipo merecía un triunfo antes de que rematase a liga, polo traballo e adicación destes meses pasados. Tamén destacou que os bocatas tomados nos Caneiros sabian a gloria…

100_5369-web.JPG

Hoxe luns o equipo xoga en Noia ás 21.30 h. o penultimo partido da liga, que fora aprazado no seu día. O equipo segue a contar con baixas por lesións, pero vai xogar co obxetivo logrado de acadar algún triunfo…

Cultura

Os gaiteiros Eric Torres Naveira e Adriana Rivas Seijo, premiados no concurso “Xiradela” celebrado onte en Arteixo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

No apartado de gaiteiros solistas os dous integrantes do grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures obtiveron un premio. Eric, veciño de Carreiras, obtivo o segundo premio, mentres que Adriana, veciña da rúa Victor García, obtivo o terceiro premio. En cuartetos, a representación de Alqueirada tamén tivo unha gran actuación aínda que non obtiveron premio.
Quérolle trasladar a noraboa aos catro gaiteiros, que tan ben nos representaron no concurso, cunha mención especial ao monitor Miguel Castaño que traballou dabondo nos ensaios dos derradeiros días.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLAN
PRESIDENTE DA ANPA