El club náutico de Pontecesures concluyó la escuela de iniciación al piragüismo celebrada los meses de julio y agosto, que supone un medio de captación de nuevos chavales para que lleguen a formar parte del equipo de competición.
“www.nuncamais.org” contra o sobresoldo de altos cargos.
A web, que di non ter nada que ver coa plataforma do “Prestige”, está a recoller sinaturas para que a Lei de función pública volva ó Parlamento.
A web www.nuncamais.org acaba de sumarse ás iniciativas postas en marcha por sindicatos en contra do sobresoldo de por vida para os altos cargos que son funcionarios da Xunta que contempla a nova Lei de función pública, publicada no DOG a semana pasada e que entrará en vigor dentro de pouco máis de dez días.
O día 12 de setembro en infantil e primaria, e o día 19 en secundaria comeza o curso escolar no CPI Pontecesures.
O mércores día 12 de setembro comeza o curso en infantil e primaria cun horario de 9,05 a 14,05 horas. Este horario permanecerá así en todo o curso. En primaria haberá só un recreo que será de 11,35 a 12,05 horas.
O mércores día 19 comeza o curso en secundaria cun horario, no mes de setembro, tamén de 9.05 a 14,05 horas xa que a xornada neste mes redúcese en secundaria en tódolos centros por mor do transporte escolar.
Curso de viticultura.

A Asociación de Viticultores Ribeira de Arousa organiza un Curso de Viticultura para tódolos viticultores da comarca coa seguinte orde do curso:
Temas do curso:
* A indicación xeográfica de viños Terra do Barbanza e Iria.
* Trámites administrativos en viticultura.
* Plagas e enfermidades da vide.
* Cooperativismo agrario.
Lugar de celebración: Valga.
Duración: De luns a venres.
Horario: De 19 a 23 horas.
Custo: De balde.
Inscrición: Chamar para inscribirse canto antes ao tfno. 986-503823 ou 652-993032 (Juan Carlos-Eira)
Deporte para mayores.
El próximo 1 de octubre está previsto que comience en el pabellón municipal de Pontecesures las actividades de gimnasia para adultos. Los horarios seránde lunes, miércoles y viernes de 9,30 a 11 horas y los martes y los jueves de 20 a 21 horas.
Debido a las bajas de los monitores del pasado curso, el concello presentará una oferta de empleo en la oficina de Vilagarcía de Arousa para contratar un técnico superior en actividades deportivas.
A palista cesureña Cristina Iglesias Rey, 4ª e 6ª nos campionatos de España infantís de piragüismo.
Esta rapaza de 13 anos naceu en Pontecesures (o seu pai é Jorge Juan Iglesias Campos que é de Porto) e foi a vivir a Catoira xunto cos seus pais cando tiña 6 anos de idade.
Obtivo Cristina, nos campionatos de España infantís de piragüismo celebrados o pasado fin de semana en Verducido, (Pontevedra) o 4º posto en K-4 (1.000 metros), e o 6º posto en K-2 (1.000 metros) competindo co equipo de As Torres de Catoira.
Noraboa á rapaza e á súa familia.