No pleno ordinario de onte o alcalde anunciou a nova de referencia (en quince días estará creada, dixo) dentro do apartado de rogos e preguntas. Con tono crítico, de xeito velado, e sen vir a conto. citou esta páxina que xa fora calificada noutro pleno por Alvarez Angueira co termo de “zafia”. Cando este concelleiro quixo intervir para deixar claro que para anunciar a creación dunha páxina oficial non hai que facer referencias a outras nese tono, e para defender a este medio, o alcalde, na súa liña de prepotencia de sempre, retiroume a palabra. Este é o alcalde tolerante, dialogante e defensor da liberdade que temos. Unha pena.
Quero facer un chamamento a tódolos letores desta páxina para que participen activamente na mesma co fin de potenciala. Demostrarémoslle ao alcalde que por moito que intente prexudicarnos, imos a máis.
Na votación de pais/nais celebradas onte no centro, sobre un censo de 252 familias, votaron 202 (168 favorables á xornada única, 33 en contra e houbo un voto en branco). Cumpleuse así do requisito da obtención de 2/3 de votos favorables do censo. A cifra esixida era a de 168 votos que foron exactamente os obtidos a prol do cambio do horario.