Ante o acontecido onte … non teño máis remedio que poñer esta entrada.
p(titulonota). Para *Romano* e outros:
Aquí non estamos para xogar ó «Quien es Quien» e empezar a poñerlle nomes e apelidos a EUMESMO. Si el quere dicir quen é ben está, e se non tamén.
p(titulonota). Para *Fruqui*:
Eres un *editor* desta web, coma tal podes facer e ver máis cousas que a maioría dos usuarios (coma editar, borrar e moderar comentarios), imaxino que foi en «quente» que tras a insinuación de que eras EUMESMO puxestes os poucos datos que hai del, coma o correo electrónico, nun comentario que tiven que borrar.
MAL FEITO!. *Non podes publicar datos doutros usuarios*, nin debes borrar esas insinuacións sin consultalo con outros editores. Imaxino que puxeches os datos de eumesmo para demostrar que non eras ti, pero non hai que demostrar nada, e moito menos dar datos de eumesmo que el non quere dar.
p(titulonota). Para *Eumesmo*:
Os teus datos (correo) eliminaronse tan pronto se publicaron, dende aquí as miñas disculpas, ainda que ese dato non pemite saber quen eres, non debería de haber aparecido. Tamén pidoche que non interveñas nesta entrada, en concreto, para evitar a «confrontación» que tanto che gusta.