Una veintena de agentes de viaje procedentes de Rusia iniciaron ayer en Sanxenxo un Fam Trip –si quieren saber lo que es, mírenlo en un libro gordo– que les llevará a lo largo de esta semana por mucho recunchos de Galicia para conocer todos los valores do Camiño de Santiago y sus principales rutas. Esta acción, cofinanciada por la Xunta dentro del programa O Teu Xacobeo, pretende promover la comercialización exterior del Año Santo y cuenta con la organización y dirección de la mayorista Viajes InterRías, compañía gallega líder en España en los mercados de grupos y circuitos turísticos. Durante cuatro días, los profesionales rusos visitarán O Cebreiro, Lugo, Ourense, A Ribeira Sacra, San Cristovo de Cea y el mosteiro de Oseira, A Coruña, Fisterra y Pontecesures. También cubrirán un tramo de la Ruta Jacobea para entrar en el Obradoiro como unos peregrinos más. La presentación de esta campaña tuvo lugar ayer en el Gran Talaso Hotel Sanxenxo, donde los especialistas de Viajes InterRías –en la foto– explicaron a la delegación rusa, con apoyo audiovisual, las particularidades del mercado turístico gallego.
A Fundación Laxeiro expón o traballo do artista como caricaturista satírico na prensa.
A esquerda. o debuxo preparatorio da viñeta rematada.
Carlos Maside (Pontecesures,
1897-Santiago, 1958) é un dos artistas galegos máis recoñecidos da
primeira metade do século pasado, cunha traxectoria na que conviviron as
vangardas, a renovación do realismo e o popular máis alá do
folclorismo. Pero, como ocorre cos creadores singulares, Maside cultivou
diversas facetas, como, no seu caso, as colaboracións en prensa, que se constitúen en eidos de interese propio. Ocorre así coas corenta pezas que forman a mostra Carlos Maside e o debuxo satírico, que manterá aberta a Fundación Laxeiro na súa sede viguesa entre este venres e o 19 de xaneiro.
A proposta baséase na escolma
de corenta bosquexos e debuxos preparatorios das viñetas que Maside
publicou entre os anos 1927 e 1936 no xornal vigués El Pueblo Gallego, procedentes dos fondos do museo que leva o seu nome en Sada. A formulación da mostra ofrece un dobre interese: dunha banda, o espectador pode pescudar no proceso creativo de Maside, do debuxo á viñeta rematada; doutra, o contexto social e político no que se insire o traballo do artista, xa que a exposición reproduce as páxinas nas que se publicaron as achegas gráficas de Maside.
Ademais, a montaxe documenta a versatilidade do artista dentro das limitacións de espazo e os condicionantes impostos polos formatos xornalísticos. Así, Maside desenvolvíase tanto na viñeta, na que facía crítica política e social, como na caricatura -políticos ou personalidades culturais que estaban de actualidade- e na estampa popular, case sempre centrada en mulleres e oficios.
Outra
evolución que permite seguir a mostra é a das influencias patentes na
viñeta xornalística no primeiro terzo do século XX, onde eran notables
as pegadas de Castelao e Bagaría.
Maside vaise desprendendo do modernismo dominante nos inicios,
achegándose máis á sinxeleza e precisión que xa formaban parte do seu
repertorio como artista. Da súa estadía como bolseiro en París, entre
1926 e 1927, trae novas técnicas, aprendidas dos vangardistas, como o raiado para acentuar volumes ou o contraste lumínico, así como outras que incorpora do gravado.
A mostra compleméntase cun vídeo realizado pola comisaria, Rosalía Pazo Maside, cunha escolma doutras viñetas, tamén de prensa, pero distintas ás que forman a exposición. Maside tamén colaborou con El Sol, Libertad ou Galicia, entre outros.
Cúmprese o desexo de Maside e o seu legado exhíbese en Santiago
Máis de sesenta anos despois cumpriuse o desexo de Carlos Maside de que a súa obra ficase en Compostela. A emoción encheu por momentos o Comedor do pazo de Fonseca na inauguración da exposición coas vinte e unha obras que forman o legado Maside, que foi adquirido o pasado ano polo Consorcio da Cidade de Santiago e que agora se exhibe ao público.
As
palabras de agradecemento a todos aqueles que fixeron posible o
cumprimento do desexo do artista foron constantes nas intervencións,
destacando que non fora tarefa doada culminar o proceso para que trece
óleos sobre lenzo, tres gouache e catro debuxos a lapis que Maside pintou entre os anos 30 e 50, se convertesen en patrimonio da cidade compostelá. «É
un día dunha gran satisfacción. Por unha parte, porque Maside forma
parte do patrimonio cultural de todos os galegos, e, por outra, porque é
a culminación dun proceso que comezou no ano 1958 con Antonio Baltar ao
fronte como testamenteiro de Maside para que a súa obra ficara en
Santiago», asegurou Asunción Leiceaga, en representación da Plataforma
Maside, que foi unha das entidades que estivo traballando para o
cumprimento deste desexo. Nese sentido, agradeceu á familia do artista
«polo criterio que seguiron da venta do legado, que foi primar a vontade do pintor de permanecer en Compostela».
Xulio Maside Rodríguez, que
falou en nome da familia do artista, incidiu en que «foron moitas as
portas que houbo que abrir para que a vontade de Carlos se
materializase». Ademais, lembrou que o artista era un galeguista e «o que se ve na súa obra é Galicia. Quixo elevar á máxima expresión o que consideraba fermoso do seu país».
O
legado Maside, que durante os últimos anos estivo depositado na
Fundación Granell despois de que a familia o sacase de Vigo no 2014, foi
adquirido polo Consorcio de Santiago -integrado polo Goberno Central, A
Xunta e o Concello- por algo máis de 430.000 euros, cunha achega da
Deputación da Coruña por importe do 50 %. Precisamente, esta
colaboración entre diferentes administracións e entidades foi un dos
feitos nos que fixo fincapé o alcalde, Martiño Noriega, ademais de
engadir que «damos por ben investido todo o esforzos». Pola súa parte, a
vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, afirmou que «non se podía permitir que estes 21 cadros acabaran repartidos por diferentes puntos». O reitor da USC, Antonio López, asegurou que a Universidade síntese «honrada de colaborar neste proxecto de país».
Nas vinte e unha obras do legado hai algunhas moi destacadas, como a das Tendeiras ou a da Costureira. Poderán verse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.
Informase
ás veciñas e veciños que o Concello de
Pontecesures se adheríu ao Programa Tecendo Lazos 2019 da Deputación de
Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mese de decembro o obradoiro
interxeneracional: “O NOSO SON: OBRADOIRO DE BAILES E CANCIÓNS DE SEMPRE E DE
AGORA”. Neste obradoiro as familias compartirán os bailes e as cancións típicas da zona,
traéndoas á actualidade.
O obradoiro desenvolverase no
mes de decembro de 2019, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Os días 23,
24, 26, 27 e 30 de decembro de 11.00 a 14.00
horas, no CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES (o luns 30 -de 10.00 a 14.00 horas-).
As
prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación
das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.
Persoas beneficiarias e requisitos:
O obradoiro ten como destinatarias as familias de
Pontecesures.
No programa poden participar persoas de 6 ata 99
anos, terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes
xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).
As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos
inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai
ou da titora ou titor.
As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir
sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar
menores de 12 anos non acompañados.
Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas
doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre
que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.
Documentación:
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte
documentación:
— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que
se recollan na solicitude)
— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só
necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).
— Volante de empadroamento.
Prazo de inscrición: Dende o 1 ata 30 de novembro de 2019 incluído
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) ou na web http://www.pontecesures.org