0-0 entre As Celtas e o Sporting en A Madroa, co regreso de inicio da cesureña Noa García

0-0 en A Madroa: As Celtas deixaron escapar este sábado a oportunidade de apertar á cabeza, o Real Oviedo, nun empate sen goles ante o Sporting de Gijón que supuxo as súas terceiras táboas en cinco partidos entre Liga e Copa. Como contrapunto, unha boa nova cesureña: a defensa Noa García Mosquera foi a gran novedade da convocatoria e saiu de inicio, volvendo a competir despois de máis dun ano segundo a crónica de Moi Celeste.
O encontro estivo marcado pola presión alta do Sporting, que complicou a saída de balón das viguesas e foi superior a nivel táctico. As asturianas desperdiciaron un penalti ao quinto minuto —Ángela Ávila estrelouno alto tras unha man dentro da área de Paula Rodríguez— e atopáronse cunha gran Naiara Martínez baixo os paus, que sacoulle dous man a man, a Ávila e a Noa Bartels. As celestes tiveron o seu premio mordido na primeira metade: un gol de Albiol, tras unha gran lectura de Toubes, foi anulado por fóra de xogo no minuto 21. Na reanudación, un cabezazo de Sara Couso** botou o balón ao traveseiro e a entrada de Noela deu o seu mellor pulso ao ataque, cun balón ao base do poste que a defensa visitante sacou no último instante. Todo diante de 290 espectadores, a peor entrada da tempada.
Quen é Noa García? Nacida no 2007 en Pontecesures, iniciou a súa carreira aos cinco anos no Ulla CF, o histórico club do noso concello, onde xogou ata os dez. De alí deu o salto ao Victoria FC, no que militou durante sete campañas e co que se proclamou campioa da primeira Liga Promesas Feminina no seu último ano antes de recalar no conxunto vigués.
Forma parte da estrutura do club dende o verán de 2024, cando se confirmou a súa fichaxe como novena futbolista do proxecto de As Celtas, presentada entón como «un novo talento para o centro do campo» —recollémola aquela nas nosas páxinas, ao ser homenaxeada polo Concello xunto ao excéltico Fran Vieites—. Formou parte do primeiro equipo na tempada 2024/2025, a pasada campaña pasou a ter ficha do filial —co que repite este curso— e na ficha oficial figura como defensa, con paso previo polo Celta Fortuna.
O seu palmarés como internacional non é menor: foi subcampiona de España da Fase Ouro sub-15 e sub-17 coa selección galega e conta con dúas citas coa selección española sub-16.
Vídeo | A presentación da cesureña polo club vigués:
Fuente: Faro de Vigo · RC Celta · Moi Celeste · La Voz de Galicia (previa do encontro)