APARECERON 2 XOGOS DE CHAVES

ENCONTRARONSE 2 XOGOS DE CHAVES PERDIDAS NA ZONA DO PEIRAO DE PONTECESURES. ESTÁN EN PODER DA POLICIA LOCAL DO CONCELLO, DEBENDO  DIRIXIRSE SEUS PROPIETARIOS ÁS OFICINAS DA POLICIA NA CASA DO CONCELLO PARA RECUPERALAS.

(Nota: a imaxe das chaves NON se corresponde coas chaves aparecidas).

RESOLUCI?N DA 4ª EDICI?N DO “TAPEALAMPREA” DE PONTECESURES.

O vindeiro mércores 14 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, procederáse á apertura das urnas para o reconto dos folletos correspondentes ao TAPEALAMPREA 2018. Deste reconto sairán os establecementos hostaleiros que recibiron máis votos (1º, 2º e 3º).

Así mesmo, tamén se procederá ao sorteo, entre os folletos, dos 3 premios en metálico (50, 30 e 20 ?).

Este será un acto público aberto para tódolos veciños/as.

Posteriormente informaráse, a través deste medio, dos 3 establecementos gañadores e dos 3 agraciados cos premios en metálico.

O venres 16 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Plenos, entregaránse os premios en metálico.

O domingo 18 de marzo -FESTA DA LAMPREA- entregaránse os diplomas aos 3 establecementos hostaleiros que recibiran máis votos. Esta entrega será no peirao de Pontecesures – a carón da Praza de Abastos- despois do pregón da Festa da Lamprea (o pregón comeza ás 12.00 horas).