Celebrarase mañá, 17 de xullo, no Auditorio de Ferreirós. Ás 21 horas terá lugar un concerto no que ademais da banda local, actuará a Banda de Música Municipal de Madridejos (Toledo).
Cultura
A Escola de Música de Valga ofrece un concerto esta noite.
Será no Auditorio de Cordeiro ás 21 horas. ? un concerto a cargo da BIg-Band, canto e piano. A entrada é libre.
DIAIO DE PONTEVEDRA, 14/07/10
Cultura
Hoxe, 30 de xuño, concerto no Auditorio de Ferreirós.
Será ás 21 horas e o concerto da Escola Municipal de Música de Valga estará a cargo dos alumnos de frautas traveseiras, oboes, fagotes, clarinetes e saxofóns.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 30/06/10
Concello
Festas do Carme 2010
VENRES, 2 DE XULLO
Ás 20:30 horas. Inauguración das exposicións:
-Arte nas túas mans, na Casa do Concello, exposicións das distintas actividades realizadas neste último ano: bolillos, pintura, restauración de mobles, pintura en tela, decoración en cristal, mimbre e confección de complementos, estaño, etc..
-Exposición temática Carril-Cornes, I Ferrocarril Galego. En colaboración coa Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril se exporán 16 paneis que ilustran a historia da primeira liña do tren existente en Galicia.
SÁBADO, 3 DE XULLO
-Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-Haberá pasarrúas a cargo do grupo folclórico Algueirada.
-A partir das 11:00 horas, xogos populares para nenos/as na Plazuela.
-A partir das 16:00 horas, xornada de portas abertas na piscina municipal.
-A partir das 22:00 horas, verbena a cargo das orquestras Samil e Acuarela.
DOMINGO, 4 DE XULLO
-Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-Haberá pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Valga.
-Ás 13:00 horas, concerto da citada banda de música.
-Ás 18:00 horas o tradicional Desfile Valeiro, acompañados da Banda de Música Municipal de Valga.
-Ás 18:30 horas, Misa Cantada pola Coral Polifónica da Asociación A Barcarola.
-De seguido: Procesión da Virxe do Carme polas rúas.
-? remate da procesión: concerto da Banda de Música Municipal de Valga.
-A partir das 22:00 horas, verbena a cargo das orquestras Aché e Manila.
LUNES, 5 DE XULLO
-Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-Haberá pasarrúas a cargo do grupo folclórico Xarandeira.
-Ás 12:00 horas, Misa Cantada na honra do Santo Antón pola Coral da Asociación A Barcarola.
-Ás 13:00 horas, actuación do grupo Xarandeira na Plazuela.
-A partir das 17.00 horas, Gran Festa Infantil na rúa San Lois con inchables e touro mecánico.
-A partir das 18:00 horas, III Trofeo de Piragüismo de Pontecesures no peirao.
-A partir das 19 horas, actuación do grupo folclórico Algueirada na Plazuela.
-A partir das 21:00 horas, III Festa do Churro de Pontecesures, con reparto de churros e chocolate gratuitos. Estará amenizada polo trío musical Memphis.
-A medianoite será sorteada a estadía para dúas persoas durante unha fin de semana no Hotel Carlos I de Sanxenxo. Optan os veciños que colaboraron económicamente cos festexos e o gañador deberá estar presente no acto.